O Chint - Autronic estará en Volta a Galicia, Copa de España e Copa de Europa

Imprimir

equipo-elite-sub23O equipo Chint - Autronic ten por diante outra intensa semana. O primeiro equipo do club vigués prepárase para tomar parte na Volta a Galicia, que comeza o xoves cunha etapa en Santiago de Compostela. O seu director deportivo, Javier Fernández, convocou para esta carreira os seguintes corredores: Sergio Míguez, Iago Medín, Manuel Parada, Luís Mariño, Hugo González, Pablo Sanz e Niv Libner.

Técnicos e directivos ven no equipo "un grupo onde predomina a xuventude pero que despois de tres anos empeza a consolidarse. A Volta a Galicia é a primeira grande competición da tempada para nós. Ímonos enfrontar a rivais moi potentes e experimentados, pero gustaríanos poder acaparar certo protagonismo en carreira. A idea non é xa ir só a participar".

Copa de España
O equipo júnior desprázase a Valladolid para participar na segunda das probas puntuables para a Copa de España. De momento, o seu ciclista Iván Roade lidera a Copa Deputación de Pontevedra na categoría de corredores de primeiro ano. Á carreira valisoletana o Chint-Autronic desprazará ao cuarteto composto por Valentín Rodríguez, Iván Sebastián, Enrique Álvarez e o mencionado Iván Roade.

Copa de Europa ciclismo adaptado

Outro ciclista do Chint - Autronic, José Enrique Porto, estará esta fin de semana na Copa de Europa de ciclismo adaptado, formando parte da selección española de pista. Participa na modalidade de tándem.