Cabecera Vide

Éxito do C.C. Vigués Chint Autronic no Gran Premio de Cambre

tino00Os equipos do Chint-Autronic obtiveron catro novas vitorias esta fin de semana nas categorías junior masculina, infantil masculina e feminina e principiante feminina, no XI Gran Premio de Cambre, na Coruña.

En júniores, a vitoria para o Club Ciclista Vigués proporcionoulla Valentín Rodríguez; mentres que en infantís foi Xoel Días quen lle deu outro novo triunfo. Tamén subiron ao podio como vencedoras en categoría feminina Paula Sanmartin e Carla Rodríguez en principiantes.

Valentín Rodríguez demostrara o seu bo momento de forma na prestixiosa Bizkaiko Itzulia, carreira por etapas do calendario júnior, na que se clasificou décimo sexto na xeral final, e oitavo mellor corredor español. En Cambre logrou unha vitoria moi traballada, con escapadas con distintos corredores e para rematar gañando en solitario, superando a Iván Raño, do equipo C.C. Padronés-Aluminios Cortizo, e Adán Fra, da Peña Ciclista de Asturias Santi Pérez. Outro ciclista de Chint-Autronic, Iván Roade, tamén destacou, clasificándose en quinto lugar.

Xoel Dias era o vencedor na carreira de infantís masculinos e a súa compañeira de equipo Paula Sanmartín na categoría de mulleres. O ciclista vigués, escapaba durante as catro últimas voltas a un circuíto de 1.300 metros, foi seguido na entrada en meta por Cristóbal Coimbra, do C.C. Rosal-Irmáns Ozores, e por Juan Bergantiños, do Club Ciclista Milagrosa, de Lugo.

Para rematar, Carla Rodríguez foi a vencedora en categoría de principiantes feminina, dando un cuarto triunfo ao Chint-Autronic Club Ciclista Vigués.