Cabecera Vide

O equipo Autronic-CC Vigués inicia a tempada en Zamora

374porto mundial2O equipo Autronic-Club Ciclista Vigués inicia a tempada esta fin de semana en Zamora. O sábado disputará o tradicional Trofeo Iberdrola, con saída e chegada á localidade de Poblado de Esla, e o domingo estará na saída do Trofeo Inauguración da capital zamorana.

Para a estrea da tempada, o director deportivo do equipo vigués, Tomás Martínez, convocou os seguintes ciclistas: José Luis Mariño Castro, Mario Crespo, Cristóbal Miguel Dios Ríos, César Cabreira, Eloy Bravo Cereijo e Diego Puertas Pedroso.

A carreira do sábado suporá un primeiro test esixente para os ciclistas do Autronic-CCV, tanto polo perfil quebrado do percorrido, coma pola distancia, 140 quilómetros. A iso hai que engadir o peso da proba, unha competición que se ben non mantén o esplendor de hai unha década, segue gozando dun innegable prestixio.

En ambas as dúas xornadas, ademais de facer fronte aos rivais, haberá que loitar co vento, que nestes primeiros meses do ano, en maior ou menor medida sempre adoita estar presente nos páramos da provincia castelán-leonesa.

José Enrique Porto, medalla de bronce no Mundial paralímpico

José Enrique Porto, ciclista do equipo Autronic-Club Ciclista Vigués, conseguiu unha medalla de bronce na modalidade do Quilómetro e o cuarto posto en Velocidade nos campionatos do Mundo de Pista celebrados na localidade italiana de Montichiari. O corredor do equipo vigués participou na modalidade paralímpica de tándem, integrado na selección española.

Porto tivo como piloto nas dúas probas ao ciclista madrileño José Antonio Villanueva. Ambos os dous corredores tamén foron cuartos na competición de velocidade. Comezaron moi ben, conseguindo a terceira praza na clasificatoria dos 200 metros lanzados (10-504), pero ao final víronse apeados do podio polos holandeses Rinnie Oost e Patrick Bos.

Por seleccións, España rematou na cuarta posición do medallero, por detrás de Gran Bretaña, China e Australia.