Iván Roade, segundo en O Roseira e Pablo García, terceiro en Boiro, ambos do Ciclista Vigués

Imprimir

374boiro 023O ciclista do Autronic-C. C. Vigués Iván Roade conseguiu a segunda posición no Grande Premio Deputación de Pontevedra, disputado sobre 84 quilómetros en O Rosal. Roade só se viu superado na liña de meta por Sánchez, do Spol-Nova Caixa Galicia.

Tamén estivo no podio, nesta ocasión na terceira posición, o alevín Pablo García. Aconteceu no Trofeo Promoción de Boiro. Os seus compañeiros de equipo Moisés Pombo, Marvin Vaquero e Iván Dias, pola súa banda, ocuparon os postos noveno, décimo e undécimo, respectivamente.

En infantís, Paula Sanmartín foi a primeira en categoría feminina e décima na xeral absoluta con participantes masculinos. Daniel Rodríguez clasificouse vixésimo nesta categoría.

Vixésimo cuarta foi Carla Fernández en principiantes, mentres que na categoría de cadetes Miguel González se clasificou décimo e Xoel Dias vixésimo cuarto.