Cabecera Vide

O Autronic-Club Ciclista presenta un equipo novo na Volta á Coruña

374yoavO Autronic-Club Ciclista Vigués decidiu o equipo que presentará na Volta á Coruña, carreira que se disputa esta fin de semana, en tres etapas, de venres a domingo. Estará composto por: Luis Mariño, Yoav Bear, Cristóbal Dios, Diego Puertas, Eloy Bravo, Valentín Rodríguez e Óscar Boente.

Unha formación caracterizada pola súa xuventude, como o confirma a presenza de seis ciclistas de categoría sub 21 na relación de sete. É tamén a primeira proba por etapas da tempada para o conxunto vigués, polo que o seu director deportivo Tomás Martínez, considera que a rolda coruñesa "será un pouco unha incógnita, aínda que abonda que se dispute aquí en Galicia para que acudamos con máis ilusión".

A primeira etapa será Brión-Brión, e dispútase sobre un percorrido de 130 quilómetros, con catro voltas a un circuíto de 31, e o alto de Portanxil en cada un dos xiros.

Entre medias, un terreo ondulado, que axudará a facer bastante selectiva esta primeira xornada da rolda coruñesa.

A participación intégrana 105 corredores, enrolados en 15 equipos: cinco galegos, sete doutras comunidades españolas doutras comunidades, dous portugueses e o ruso do Lokomotiv.

O banderazo de saída darase ás 14.00 horas e a chegada definitiva a meta prevese para as cinco e media da tarde.