Cabecera Vide

O Autronic-C. C. Vigués decidiu o seu equipo para a Volta a Lugo

niv-libnerO Autronic - Club Ciclista Vigués decidiu a composición do equipo que presentará na Volta Ciclista a Lugo, carreira que se disputa en tres etapas de venres a domingo e que reunirá unha destacada representación do ciclismo amater internacional, con equipos de España, Portugal e Rusia.

A formación viguesa estará na saída da primeira etapa en Lugo coa seguinte relación de corredores: Luis Mariño, Yoav Bear, Valentín Rodríguez, Javier Misa, César Cabreira, Óscar Boente e Asier Fernández. Este último incorpórase á disciplina do equipo para o resto da tempada; os técnicos consideran que pola súa experiencia e nivel deportivo pode achegar moita consistencia ao equipo.

As tres etapas da rolda lucense son: Lugo-Lugo, de 142,6 Km.; Monforte - Monforte, de 121 quilómetros; e Riotorto - Riotorto, de 142 quilómetros.

Ademais do Autronic - C. C. Vigués estarán na saída os seguintes equipos: Aluminios Cortizo, Cambre Caeiro, Novacaixagalicia, Supermercados FROIZ, Construcións Paulino, Cidade de Oviedo-Nesta, Asfaltos Guerola-Valencia Terra i Mar, Camargo-Ferroatlantica, Bidelan-Kirolgi, Ajuntament Tarragona, Mutua Levante - Cafemax, Caixa Rural, Maia, Loule e Lokomotiv.