autronicO Autronic - C. C. Vigués terá representación en dúas frontes competitivas esta fin de semana. Por un lado, o equipo elite-sub 23 disputará en Povoa do Varzim (Portugal) a Clásica de Primavera, que organiza a A. C. Porto, sobre a distancia de 146 quilómetros.

O equipo vigués, ás ordes de Tomás Martínez, participará con: Javier Sardá, Paulo González, Iván Sebastián, Alejandro Lomba, Marcos Romeiro, Daniel González e Rubén Veloso.

Pola súa banda, o júnior Víctor Pombo Fernández foi convocado para tomar parte coa Federación Galega no Memorial Ángel Lozano, puntuable para a Copa Federación. Esta carreira disputarase en Valladolid sobre un percorrido de 115 quilómetros.