ciclista_bizkaiaO Autronic -CC Vigués júnior disputará de hoxe ao domingo a X Bizkaiko Itzulia (Volta Ciclista a Bizkaia), a proba por etapas máis importante do calendario español na súa categoría, que na presente edición contará cun pelotón composto por 30 equipos, de 3 nacionalidades diferentes, e un total de 180 ciclistas, representativos de 11 países.

Na saída, na localidade de Balmaseda, o equipo vigués estará formado polos seguintes ciclistas: Víctor Pombo, Miguel González, Lois Rodríguez, Raúl González, Juan Alberto Jiménez e Miguel López. Actuarán baixo a dirección de Óscar Ballesteros e Sergio López. Outros integrantes do equipo disputarán o sábado en O Roseira o Campionato de Galicia de Contrarreloj.

O programa de competición preséntase moi apertado e esixente, con catro etapas, a última delas dividida en dous sectores:

• 1ª Etapa BALMASEDA-TRAPAGARAN: 76,8 Kms.
• 2ª Etapa SOPELA-SOPELA: 76,7 Kms.
• 3ª Etapa ZALDIBAR-ZALDIBAR: 78,9 Kms.
• 4ª Etapa 1º sector ANDRAKA-ANDRAKA: 69,4 Kms.
• 4ª Etapa 2º sector CRI.  BALMASEDA-BALMASEDA: 11,9 Kms.