ciclismoO II BTT Entidade Local Menor de Bembrive - Energanova conseguiu un grande éxito de participación e de público, reunindo douscentos cincuenta novos participantes, que competiron na zona da Área Recreativa do Pouso (Bembrive) durante tres horas e media, agrupados en distintas categorías.

A proba estivo organizada polo Club Ciclista Vigués-Autronic e patrocinada por Energanova e a ELM de Bembrive, ademais doutras entidades colaboradoras.

No plano deportivo, o club máis laureado resultou ser o Club Ciclista Coruxo, con 3 vitorias e 6 podios, seguido do Club Ciclista Maceda, con 3 vitorias e 5 podios e do Club Ciclista Cambre, con 1 vitoria e 4 podios. Na relación de destacados seguiron con 1 vitoria e 3 podios o Team 2.0 e o Caimanes de Betanzos.