Cabecera Vide

Bici Rutas volve este domingo a Vigo

bicirutasRegresan as bici rutas da man do Club Ciclista Vigués e co patrocinio do Concello de Vigo. Logo das tres rutas de marzo e abril, comeza a tempada de outono-inverno coa primeira das catro saídas programadas. O paseo ciclista por Vigo comezará na Porta do Sol ás 10:30 horas para recorrer boa parte da cidade durante dúas horas e media.

A marcha ciclista pasará por Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Pi e Margall, López Mora, Praza América, carril bici de Castelao, Porriño, Padre Seixas, avenida da Florida, Pablo Iglesias, Olímpicos, Citroën, avenida Alcalde Portanet, Castrelos, Prado Vello, Baixada Pontillón, Baixada Igrexa, Isaac Díaz Pardo, Camiño do Regueiro, Gran Vía, Tarragona, Pintor Colmeiro, Hispanidade, Amor Ruibal, Camiño Atalaia, Cronista Xosé M. Álvarez Blázquez, Paseo Rosalía Castro, Paseo dos Cedros, Camelias, Falperra, Romil, Paseo de Alfonso XII, Elduayen e Porta do Sol.

Para disputar a marcha ciclista únicamente é necesario acudir á saída uns minutos antes e seguir as instrucións da organización, que está apoiada pola Policía Local e Protección Civil en cuestións de tráfico e seguridade.

O Concello de Vigo patrocina a proba non competitiva e que dá a coñecer a cidade aos ciclistas.