ciclista vigues feb 2016Madrugou a primeira vitoria da tempada para o equipo Autronic-CC Vigués. O seu corredor elite Óscar Sánchez conseguiu o pasado domingo a vitoria na III Subida ao Santuario Virxe da Serra, na localidade cordobesa de Cabra. A proba contou coa participación de ao redor de trescentos ciclistas, de distintas categorías. Óscar Sánchez cruzou a meta en solitario, que estaba precedida de 12 quilómetros de ascensión.

O éxito do conxunto vigués viuse referendado tamén co segundo posto de Víctor Pérez en categoría sub 23. A carreira era puntuable para o circuíto provincial cordobés, e presentaba un percorrido curto pero moi explosivo, con 12 quilómetros finais en suba ata a Ermida da Virxe da Serra.

O equipo vigués, decano do ciclismo elite sub 23 español, comeza con bo pé os seus 42 tempada no pelotón.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, mostrouse satisfeito con este bo comezo de campaña do Club Ciclista Vigués-Autronic, que confirma o bo traballo que ven realizando a prol do deporte da nosa cidade.