Manel Fernández apoiou a segunda Biciruta do ano

Imprimir

Bicirutas 2 13.03.16O programa Bicirutas realizou o seu segundo recorrido do ano con bo tempo e magnífica participación e coa presenza de Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, que quiso apoiar o evento deportivo que patrocina o Concello de Vigo. O pasado domingo, ás 10.30 horas, a serpe multicolor marchou dende a Porta do Sol en ruta urbana ata Cabo Estai e volta á Porta do Sol.

Respectuoso minuto de silencio na saída polo grave suceso do sábado a poucos quilómetros da Guarda. A proba viguesa, con preto de 200 ciclistas, estivo organizada polo C.C. Vigués‬, e tivo á Policía Local e a Protección Civil guiando a marcha.