trofeoELMO III Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive congregará, mañá sábado, a trescentas novas promesas do ciclismo de Galicia e Norte de Portugal, na viguesa Área Recreativa do Pouso, a partir das 16.30 horas, baixo a organización do Club Ciclista Vigués-Autronic e co patrocinio do Concello de Vigo.

A participación -masculina e feminina- está aberta aos distintos clubs de Galicia e do norte de Portugal, dentro das categorías de prebenxamíns, promesas, principiantes, alevín, infantís e cadetes.

Serán os máis pequenos os encargados de abrir a competición sobre un circuíto de 750 metros, que irá crecendo gradualmente en lonxitude e dificultade, ata chegar aos 2.000 metros do circuíto de infantís e cadetes.

Todo fai presaxiar que se volverá presenciar outra excelente xornada de ciclismo, dominada pola ilusión e a competitividade dos novos ciclistas, para reeditar o extraordinario éxito das dúas edicións anteriores.