O Club Ciclista Vigués apoia ao Xacobeo Galicia

Imprimir

xacobeo-017O pasado luns día 15 o Club Ciclista Vigués viaxou a Santiago de Compostela acompañando ao equipo ciclista profesional Xacobeo Galicia no seu acto de presentación da tempada 2010.

A xornada consistiu na ofrenda ao Apostol do trofeo de vencedor por equipos na pasada Volta Ciclista a España e unha marcha ciclista dende o Monumento ao Peregrino, no Monte do Gozo, ata a Praza do Obradoiro acompañados por ciclistas de todos os Clubs de Galicia.

Ao chegar á Praza do Obradoiro foron recibidos polo Presidente da Xunta.