Cabecera Vide

O Criterium Vigo Atlántico-Caixanova abre o calendario ciclista en Galicia

374vigo_atl_2009eliteO Criterium Vigo Atlántico-Caixanova pon en marcha mañá sábado o calendario ciclista 2010 en Galicia, dentro da modalidade de estrada. A proba celebrarase na céntrica avenida de García Barbón a partir das tres da tarde con presenza de ciclistas das categorías elite, sub 23 e junior, en categoría masculina; e elite, júnior e cadete feminino.

Abrirán o programa de carreiras os ciclistas júniors masculinos e as féminas en todas as súas categorías. Os primeiros disputarán tres series: fondo, sprints e eliminación, e as rapazas dous: fondo e sprints. A proba estará organizada polo C. C. Vigués-Chint - Autronic.

Das cinco da tarde en diante entrará en escena o pelotón elite-sub 23, que repetirá o programa de tres carreiras establecido para a categoría junior masculino. Os equipos Chint-Autronic, Super Froiz, Caixanova-Spol, Cidade de Lugo, Cambre-Caeiro e Aluminios Cortizo, despois de varias intervencións a nivel nacional, prepáranse para abrir o calendario galego.

O máis representativo do ciclismo galego en categorías elite, sub 23 e júnior masculinos e do ciclismo feminino galego mostraranse ao público nun circuíto completamente chairo, moi axeitado para rodadores e para a velocidade, dispostos a ofrecer un magnífico espectáculo na apertura do calendario 2010.