webdip.po.junior-rosal-151O Chint-Autronic causou unha moi boa impresión na súa primeira competición da tempada con profesionais, durante a disputa do Memorial Bruno Neves celebrado en Portugal.

O equipo vigués clasificou no posto dezaoito a Libner Niv, a súa última fichaxe. Este ciclista empregou no percorrido de 143 quilómetros só 18 segundos máis que o terceiro clasificado, Sergio Ribeiro (Barbot-Sipper), que viña de gañar a semana anterior ultímaa etapa da Volta a Castilla e Léon, con final en Santiago de Compostela.

Outro novo corredor vigués do Chint - Autronic Sergio Míguez empregaba no percorrido 7 segundos máis que o seu compañeiro de equipo Libner, e clasificábase trixésimo cuarto. Iago Medín e Luis Mariño tamén remataron a carreira por parte do equipo vigués, que se mediu con moito decoro ao pelotón profesional portugués. O gañador en solitario da carreira foi David Bernabeu, compañeiro de equipo de Ribeiro.

En categoría júnior Iván Roade, outro ciclista do Chint - Autronic, pasou a encabezar a Copa Deputación na clasificación reservada a ciclistas de primeiro ano. Roade foi segundo na primeira carreira desta competición, a continuación de David Raño, do equipo Aluminios Cortizo de Padrón. Líder provisional da Copa Deputación na xeral conxunta de ciclistas de primeiro e segundo ano.

Roade tamén se clasificou sexto o domingo no Trofeo Mobles Compostela, disputado en Santiago. A carreira celebrouse nun circuíto urbano e tivo como vencedor a Jacobo Ucha, do Spol-Caixanova. Outros corredores do Chint - Autronic clasificados foron Valentín Rodríguez, undécimo, e Iván Sebastián, que chegou a meta no décimo posto.