Cabecera Vide

Niv Libner imponse na 45 Volta Ciclista Vigo-Baixo Miño-Val Miñor

podio3primerosO flamante fichaxe do equipo Chint - Autronic, o israelí Niv Libner adxudicouse a corenta e cinco edición da Volta Ciclista Vigo - Baixo Miño - Val Miñor, adiantando na meta, instalada en Fragoselo -Coruxo, en 6 segundos a Diego Maroño, do equipo Renault Caeiro-Cambre; e en 31 a Pedro Macía, do Cidade de Lugo. A carreira, unha clásica do calendario galego, disputouse sobre 130 quilómetros polas estradas do sur da provincia de Pontevedra.

Á terceira foi a vencida para Niv Libner, que só disputara anteriormente dúas probas co Chint - Autronic - C. C. Vigués. O seu éxito nesta carreira non pode dicirse que non fose buscado. De saída o israelí colouse nunha fuga de oito corredores, que chegou a ter 4 minutos e 15 segundos de vantaxe.

Esta ataque colleu por sorpresa ao Super Froiz, que tivo que tirar do pelotón para neutralizar a fuga, axudado polo equipo Cidade de Lugo. O reagrupamento produciuse na localidade de A Garda, a metade de percorrido. Pero a unión durou pouco, porque á saída desta localidade se producía unha nova ruptura con once corredores por diante, entre os que volvía atoparse Libner.

A escapada mantívose unida ata que a uns vinte e cinco quilómetros da chegada, atacou o ciclista do Chint - Autronic para quedar só na cabeza de carreira con Maroño e Macía. Coincidía esta acción co inicio da parte máis dura do percorrido. O trío acabou de romper nos dous quilómetros finais de suba a meta, con Libner en primeira posición e un tempo de 3-04-47, rodando 42,21 Kms/h.

O premio da montaña tamén o conseguiu o corredor do equipo vigués e métala voantes Borja Calviño, do Construcións Paulino. Como primeiro sub 23 clasificouse Pedro Macía; e por equipos gañou o Cidade de Lugo, grupo ao que pertence este último corredor.

A proba era a primeira da Copa Deputación de Pontevedra, polo que Libner, ciclista de 23 anos, pasa a liderar a clasificación absoluta. Impúxolle o maillot Marta Igrexas, Deputada Provincial. Pedro Macía recibiu o correspondente á categoría de sub 23 de mans do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo.

CLASIFICACIÓN 45 Volta Ciclista Vigo - Baixo Miño - Val Miñor
Clasificación 15 primeiros 
                                                 Tempos
1 NIV LIBNER   Chint-Autronic  3-04-47
2 DIEGO MAROÑO  Renault Caeiro  a 6 s.
3 PEDRO MACÍA  Cidade de Lugo  a 31 s.
4 CARLOS BRUQUETAS Supermercados Froiz  a 1-50
5 JUAN FRANCIS MOURON Cidade de Lugo  a 2-00
6 ALFONSO MIGUEL  Federación Andorra  a 2-07
7 JESUS COBELO  Ciclos Erakurri  a 2-18
8 MAURO GONZÁLEZ  Cidade de Lugo  a 2-42
9 ABEL FRAGUA  Chint-Autronic   a 2-51
10 VIRGILIO NEVES  Supermercados Froiz  a 2-54
11 ALEJANDRO PALEO Cidade de Lugo  a 3-03
12 ASER ESTÉVEZ  Caixanova   a 3-14
13 SERGIO MÍGUEZ  Chint - Autronica  a 3-24
14 ADRIÁN RODRÍGUEZ Supermercados Froiz  a 3-39
15 IAGO MEDÍN   Chint - Autronic  a 3-30