Cabecera Vide

Éxito de Cio García Barderas na súa primeira participación coa bermella

Cio_Vigo_SquashNas instalacións do Tippi Park, en Santa Cristina de Haro (Girona), celebrouse a pasada fin de semana o Campionato de Europa Sub 15 Sub 17 de squash. O dobre campión de España, o vigués Cio García Barderas, xogador do Vigo Squash, ía en principio a completar á selección española Sub 15 (Cio cumpriu 13 hai uns días) e a adquirir experiencia para próximas citas, pero interveu moi activamente con varias participacións na consecución para España do noveno posto no europeo, despois de derrotar o último día ao holandés Anthony Schwab polo tenteo de 3/0(11-7;11-2;11-1).

Fantástico debut do Benxamín do grupo que deixa a súa pegada de competitividade nunha competición tan esixente. Cio participará proximamente na Copa de España-II Trofeo Cidade de Vigo que se celebrará nas instalacións de Balaídos os días 31 de maio e 1 de xuño.