Cabecera Vide

Éxito total do Vigosquash no campionato galego infantil

vigosquash_marzo_2014A pasada fin de semana, nas instalacións do complexo polideportivo de Pontemuiños en Pontevedra, celebrouse o Campionato Galego de squash sub 13 e sub 17 cuns resultados excepcionais para o club Vigosquash. Marta Domínguez, adxudicouse brillantemente o campionato sub 13 e ao terceiro lugar do podium accedeu Sofía Pérez, que gañou o devandito posto a Paula Franco (tamén do Vigosquash).

Pero non contentos con iso, o quinto e sexto posto foron para as flamantes campioas e subcampionas galegas sub 11, Icia Riveiro e Carla Cameselle, é dicir as representantes do club vigués conseguen copar as seis primeiras prazas. Estas seis nenas dirixidas por Adán López e Adrián Santín, viaxarán a Barcelona co fin de mes para referendar estes resultados con excelentes perspectivas.

Destacar o excelente 5º posto na categoría de sub 17 do actual campión sub 15, o galego Cio García Barderas (solo 13 anos), e o magnifico 6º posto de Bruno Grandio, no sub 13 masculino, ademais participaron polo Vigosquash outros oito xogadores (o club que mais achegou ao campionato) o que fai que sexa o club de squash coa mellor canteira de Galicia.