Adán López, do Vigosquash-Biomedic, campión do Open Xunta celebrado en Vigo

Imprimir

squashA pasada fin de semana celebrouse, nas instalacións de Balaidos, o Open Xunta de squash con participacion de xogadores de toda Galicia e de Portugal. O campionato foi un éxito de participacion con máis de 60 xogadores e xogadoras moitos deles da escola do Vigosquash. O gañador final foi Adán López (Vigosquash) quen venceu a Manuel García (Santiago) por 3/0.

Adán cumpliu os pronosticos e adxudicouse con total autoridade o torneo. López é o director deportivo da escola do Vigosquash e adestra varios campións de España da escola pero participa tamén con grande éxito no circuíto nacional. Cio García (Vigosquash) quedou campión de consolacion. En rapazas a gañadora foi Sara Esperón, que gañou tamén con autoridade o seu final a Catuxa Codesido (ambas as dúas do Squash Santiago). A campioa de consolacion foi María Domínguez do Vigosquash.