Vigo SquashOs compoñentes do Vigo Squash lograron dúas medallas de prata e unha de bronce no Campionato de España sub-11 e sub-15, que se disputou en Valencia. Cío García Barceras e Marta Domínguez, perderon as súas respectivas finais, mentres Sofía Rodríguez conquistou un meritorio terceiro lugar. O conxunto vigués, estivo a representar por 12 deportistas, o club español con máis presenza no torneo.

Cío García Barderas, perdeu a final ante Aarón Astrya por 3-1, polo que se proclamou subcampión. O vigués, estaba considerado como un dos grandes favoritos, pero unha lesión muscular que arrastra dende hai varias semanas condicionou o seu rendemento.

Marta Domínguez, desperdiciou oito bólas de partidos ante Selena Giorgieva, unha búlgara con residencia en España. O resultado final de 3-2 é unha mostra do igualado que foi o encontro. Marta Domínguez, compite por primeira vez na categoría sub-15, polo que lograr a medalla de bronce se pode considerar como un gran éxito.

Sofía Rodríguez, estivo a punto de alcanzar a final en sub-11, pero faltoulle sorte no partido de semifinais. De tódolos xeitos, asegurouse a medalla de bronce ao impoñerse por 3-0 a la catalá Montserrat Fajardo. Hugo Mon, foi finalmente quinto, despois de completar un bo campionato.

O equipo vigués xa se prepara as próximas citas, tanto a nivel galego como nacional. A tempada atópase moi cargada de torneos. Adán López, o responsable técnico, conta cun amplo número de xogadores en todas as categorías.