icia riveiroFantástico de novo o resultado do Vigo Squash en Pontevedra, a pasada fin de semana, no campionato de españa sub 13 e sub 17 de squash . O club vigués pasa a ser o mais laureado de España con este resultado, a muchísima distancia de calquera outro club o que dá idea da importancia conseguida pola escola de squash do Vigosquash (dous campionatos e tres subcampionatos de españa neste ano 2015 en categorías junior).

A gañadora totalmente indiscutible neste caso é Icia Riveiro campioa de España sub 13 de squash, que arrasou no campionato proclamándose campioa sen ceder nin un solo xogo en todo o torneo e demostrando que é unha referencia no squash feminino junior repetindo titulo de campioa de España, na final a enfronto á tamén xogadora do Vigo Squash, Carla Cameselle, que chegou á final realizando un magnifico torneo enfrontándose a nenas de toda España e solo sucumbindo ante a campioa Icia Riveiro compañeira de adestramentos.

A estas dúas xogadoras acompañaron unha vintena de xogadores do Vigo Squash, que tamén en participación cuantitativa foi líder nacional.