Manel Fernández felicita ao Vigo Squash que sumou dous bronces no Nacional sub-13

Imprimir

manel vigosquashParabéns do presidente de VIDE, Manel Fernández, ao Club Vigo Squash polo brillante papel no Campionato de España sub-13 de bádminton, onde dous das súas raquetas, Sofía Rodríguez e Hugo Mon, lograron sendas medallas de bronce.

O concelleiro de Deportes envioulle unha carta ao club adherido ao programa Siareiros base, e amosouse "satisfecho" do resultado obtido no Nacional disputado a pasada fin de semana en Palencia.

Nas fotografías Manel Fernández con Carlos Dafonte, do Vigo Squash.

sofia hugo vigosquash

Sofía Rodríguez recibindo a medalla e Hugo Mon na fotografía da dereita coa raqueta na man.