O Vigo Squash copa o podio no Open de squash de Pontevedra

Imprimir

squash pontevedraOs pasados 14 e 15 de maio tivo lugar nas instalacións do Complexo Polideportivo Rías do Sur, en Pontevedra, o primeiro Open Xunta de squash da tempada cuns increibles resultados do club Vigo Squash. O gañador foi Miguel Mercé, do club vigués e top 5 nacional. Miguel, que conseguiu o seu terceiro torneo nacional en tres fins desemana consecutivos (gañou en Palencia e en Cantabria), dobregou na final a Adan lopez (tamén do Vigo Squash) por un tenteo de 3-1.

En terceiro lugar e copando o podium para o club olívico colocouse Dani Esperon, gañando ao santiagués Pablo Rodriguez.

En categoria feminina, as irmás Domínguez conseguiron reeditar os éxitos do fin de semana anterior en Santiago. Marta,  alcanzou o subcampionato, sendo vencida pola xogadora Catuxa Codesido, cun parcial de 3-1. A súa irmá María, conseguiu o terceiro posto do caixón.

Ademais de case copar os dous podios, o Vigo Squash ensinou o músculo da súa canteira cos subcampionatos de consolación a cargo de Xabier Barberán e Icia Riveiro.

Parabéns do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, por este novo éxito do club vigués.