Cabecera Vide

O Baloncesto Seis do Nadal xa ten calendario de xogo do Campionato de España de clubs infantil masculino

seis_nadalO equipo infantil masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que participaba na Liga 1ª División Infantil Masculino, conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs que se celebrará en Cambados do 15 ao 21 de xuño, e no que participarán 32 equipos de toda España.

O equipo, Golosinas Meloso Seis do Nadal, rematou en terceira posición a Liga 1ª División Infantil Masculina 2013/2014 de la Federación Galega de Baloncesto, posición que lle garante a participación no Campionato de España. En primeira posición e co título de campión galego rematou Carballo Bákset; e en segunda posición finalizou o equipo de Insituto Rosalía (Santiago de Compostela).

seis_nadal_2O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia será a terceira vez que participe nun Campionato de España de Clubs en toda a súa historia. A primeira vez foi na tempada 2009/2010 no Campionato de España, tamén, Infantil Masculino que se celebrou en Vegadeo e a segunda vez foi o Campionato de España Cadete Feminino que se celebrou en Zaragoza na tempada 2011/2012.

O sorteo do calendario do Campionato de España, que se celebrou o pasado martes día 3, encadrou o equipo dirixido por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez no Grupo "B" xunto a Gran Canaria (1º clasificado de Canarias), CB Capuchinos (1º clasificado de Murcia) e Tabirako Jesuitak (1º clasificado do País Vasco).

O equipo infantil masculino do Seis do Nadal, empezará a súa participación no Campionato de España o próximo domingo 15 de xuño ás 16:00 horas ante o CB Capuchinos en Vilanova. O segundo partido será o luns 16 de xuño ás 16:00 horas ante Gran Canaria en Cambados. Rematará a fase de grupos o martes 17 de xuño ás 12:00 horas ante Tabirako Jesuitak en Meaño.