O Giraldo CB novo campión feminino do 15º Torneo Internacional de Minibásquet Concello de Vigo 2015 do CB Seis do Nadal-Coia

Imprimir

giraldoO Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou o pasado venres a xornada feminina da 15ª Edición do Torneo Internacional de Minibásquet Concello de Vigo 2015, unha cita anual do club vigués coas categorías inferiores que se celebrou nas pistas do pavillón municipal de Navia.

Despois dunha gran xornada de baloncesto alevín o Girlado CB (Vilagarcía de Arousa) proclamouse campión feminino do torneo despois de superar na final ao Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro. No partido polo terceiro e cuarto posto do torneo, o Pío XII (Santiago de Compostela) superou ao AD Cortegada (Vilagarcía de Arousa); e no encontro pola disputa da quinta posición venceu o Colexio Mariano (Vigo) ante o Carmelitas Ourense.

Tamén participaron no torneo de categoría feminina os equipos Seis do Nadal "B", Eduardo Blanco Amor (Ourense), Cía de María (Vigo), Marín Peixegalego, Colexio Salesianos (Vigo) e FC Porto (Portugal); completando así os doce combinados que competiron polo trofeo feminino desta edición.