Cabecera Vide

Manel Fernández apoia a presentación do Seis do Nadal de baloncesto

Manel seisNunha fin de semana enchida de actividade deportiva, o presidente da Fundación VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudiu á presentación do Baloncesto Seis do Nadal no Multiúsos de Navia, ademais de apoiar a carreira solidaria de Érguete, o partido amigable Sárdoma-El Olivo de fútbol feminino ou o Memorial Belarmino Alonso de campo a través.

Manel Fernández quixo estar presente nos principais eventos, algúns co propio alcalde da cidade, Abel Caballero, para facer chegar aos organizadores e clubs o respaldo do Concello.