Manel Fernández abre hoxe a Liga Linco Concello de Vigo de baloncesto escolar, que se desenvolverá ata maio

Imprimir

Manel Seis do Nadal 29.01.16Comeza hoxe venres a Liga Linco Concello de Vigo de baloncesto escolar organizada polo C.B. Seis do Nadal, desenvolverase todos os venres pola tarde, en horarios do programa municipal de escolas deportivas, coa presenza de xogadores de sete centros de ensino da cidade e tres escolas deportivas. Unha representación do club acudiu a presentar o cartel ao presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que esta tarde asistirá á xornada inaugural desta iniciativa que entrou na súa décima edición.