Cabecera Vide

Noa Comesaña, xogadora infantil do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, convocada coa selección española U13 feminina

noa baloncesto seisNoa Comesaña, xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foi convocada coa selección española U13 feminina para participar na Novena Edición do Memorial Pablo Barbadillo en Tres Cantos (Madrid) os próximos días 29 e 30 de abril e 1 de maio do 2016.

Noa Comesaña estará entre os 36 talentos da xeración do 2003 que terán a súa cita este ponte de maio nunha nova Operación Talento da Federación Española de Baloncesto, despois de xogar o Campionato de España de Minibásquet o pasado ano, nunha das primeiras etapas de seguemento de talentos do Gabinete Técnico da Federación.