patin_vagalumeA representación viguesa que acudiu ao Torneo regresa moi satisfeita da experiencia. Nesta primeira participación dos representantes galegos en torneos nacionais de Solo Dance, tratábase principalmente de aprender dos equipos e patinadores que xa hai anos que veñen practicándoa. Os primeiros postos foron monopolizados polos representantes andaluces, pioneiros na introdución desta especialidade en España, e actualmente os referentes para todo o resto.

Na categoría alevín, a gañadora foi Paola Palomo, do club organizador El Tejar. En infantil, Natalia Baldizzone, tamén de El Tejar. En cadete, Patricia Ortega, de El Tejar, co representante do Patín Vagalume Ángel Pidal en duodécima posición. En xuvenil, Jorge Granell, de El Tejar, con Blanca Fandiño sétima. En junior, gañadora Cecilia Márquez do CP Loreto, tamén de la Federación Andaluza. E en senior, Ayelen Morales, de El Tejar, en primeira posición. O club organizador, El Tejar de Fuengirola, foi o grande triunfador do Torneo, con gañadores en todas as categorías salvo unha. A competición tivo a particularidade de ser mixta, enfrontándose na mesma categoría rapaces e rapazas.

Fotografía: Os dous patinadores do Patín Vagalume, Blanca e Ángel, coa adestradora Bea Fernández.