Javier Martínez do Patín Vagalume, medalla no Campionato de España infantil

Imprimir

patin_medallaA delegación galega no Campionato de España Infantil de Patinaxe Artístico sobre rodas regresa cunha medalla de bronce, a satisfacción por unha magnífica actuación, e a sensación de que se podía obter un pouco máis. En categoría masculina, o representante do Club Patín Vagalume, Javier Martínez García-Picher, alcanzou o podio tras unha magnífica actuación no programa longo.

O venres, no programa curto, tivo algúns fallos que o relegaron á cuarta praza provisional. Non obstante a actuación do sábado, con notas dende o 7.0 ao 7.8, serviulle para remontar un posto e alcanzar finalmente o podio. Os dous primeiros clasificados, Pau García de la Federación Catalana, e Kilian Gomis de la Federación Valenciana, son vellos coñecidos de Javier pois leva competindo con eles dende hai anos, e en circunstancias normais son claros favoritos, polo tanto o noso representante alcanzou a mellor posición á que podía aspirar. A competencia foi dura, pois Jorge Canales de la Federación Madrileña, e cuarto clasificado final, púxollo moi difícil. O resto dos representantes galegos nesta categoría foron os patinadores do Club Maxia Iago Méndez e Álvaro Suarez, que remataron oitavo e décimo respectivamente. Tres galegos polo tanto entre os dez primeiros, o cal supón un grande éxito para a delegación galega nesta categoría.

En canto á competición en categoría feminina, o venres empezaba moi ben para as representantes galegas, pois María Montes, do Club Condado, e Ana Arias, do Club Castrelos, conseguían o quinto e sexto posto respectivamente, con puntuacións moi próximas ás prazas de podio. Non obstante o programa longo do sábado non foi como esperaba para as dúas patinadoras, e remataron cedendo moitos postos para rematar 11 e 13 respectivamente. Mellor foille á patinadora do club Maxia, Valeria Mena, que rematou en sexto lugar e foi a mellor galega, remontando tras quedar décima o venres. María Costa, do Club Compostela rematou 14. A mellor noticia en categoría feminina foi que todas as patinadoras superaron o corte do venres, clasificándose para disputar o programa longo, o que podería supoñer unha praza adicional para la Federación Galega no campionato do ano próximo.

Na modalidade de figuras obrigatorias, as irmás do Club Covelo, Carmen e María Moreira, remataron quinta e sétima respectivamente, con moi boas actuacións.

Grande satisfacción na delegación galega polos resultados conseguidos, en especial este bronce que un ano máis o patinador do Club Patín Vagalume Javier Martínez García-Picher consegue traerse á nosa cidade.