Participación do Patín Vagalume no Torneo Internacional de Moaña

Imprimir

vagalumeA pasada fin de semana tivo lugar o XI Trofeo Internacional Concello de Moaña, organizado polo Club Ánfora, ao que o Club Patín Vagalume tivo a honra de ser invitado un ano máis. A competición tivo lugar o sábado, pero o Club anfitrión acolleu os participantes xa dende o venres ata o domingo, encargándose como cada ano de comidas e aloxamento.

Cabe destacar o esforzo dos membros do Club Ánfora para que todo saia perfecto ata o mínimo detalle, en especial o seu presidente Alberto Covelo.

No deportivo, o club vigués obtivo dous primeiros postos e un segundo. En Nivel II, a vencedora foi Noa Quereizaeta, acompañada no podio por Noa Freitas que obtivo a segunda praza. Carlota Tornero foi sexta. En prealevín feminino, Paloma Fernández finalizou décima. E en Infantil - Cadete masculino, Javier Martínez conseguiu alzarse coa vitoria.

Un Torneo do que o Vagalume regresa satisfeito no deportivo, pero sobre todo no humano. Máis alá da competición, o formato deste Torneo propicia a convivencia, o establecemento de vínculos afectivos e o intercambio de ideas con adestradores e patinadores de todo o país.