Campionato de Galicia Solo Dance

Imprimir

O pavillón de Bouzas recibe este sábado o Galego de patinaxe, modalidade de Solo Dance, baixo a organización do Patín Vagalume e co patrocinio do Concello de Vigo. Con adestramentos dende as 10:00 horas, o programa de competición iniciarase ás 18:00 horas, cunha quincena de participantes de 10 a 18 anos chegados de toda a comunidade autónoma.