patinDurante esta semana terá lugar na localidade francesa de Hettange-Grande o Vixésimo terceiro Open Internacional de Danza, coa participación de patinadores dun total de 8 países europeos. A delegación española inclúe esta vez a dúas patinadoras viguesas do Club Patín Vagalume, Paloma Fernández en categoría Alevín, e Blanca Fandiño en categoría Junior.

Ambas as dúas participan na modalidade de Solo Dance, danza individual. Terán ocasión de competir con representantes das grandes potencias europeas desta especialidade, como Portugal, Italia e Alemaña.

Esta modalidade da patinaxe artística sobre rodas é moi nova en España, e en concreto en Galicia, onde aínda son poucos os clubs que la practican. O Club Patín Vagalume é un dos pioneiros, participando este ano por primeira vez no Campionato de España. A desta semana será polo tanto a primeira experiencia internacional do club nesta modalidade.