Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Academia Octavio queda a catro puntos da salvación tras caer en Travesas contra Meridiano Antequera (23-26). Os académicos comezaron fortes, chegaron a rexistrar no marcador 13-8. Tras uns brillantes primeiros 29 minutos, caeron empicado desperdiciando o bo traballo realizado. Os visitantes apenas tardaron en igualar a contenda e os vigueses non puideron reaccionar.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Táboas para os equipos Siareiros elite esta fin de semana. Halcones, Bembrive e Olivo, gañan, as olívicas certifican o seu título de campioas a falta de tres xornadas. Por a contra, Cinco Jotas, Magope e Celta Zorka, perden, as celestes fixérono no seu último encontro ligueiro. E o Academia Octavio empata e suma un importantísimo punto na súa loita pola permanencia.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Importante vitoria das Cinco Jotas UB Lavadores ante o E.D. Poio Artai, o pasado sábado en casa (30-23). A falta de catro xornadas para rematar a competición ligueira, os vigueses conseguiron a permanencia matemática. Cun balance de seis partidos gañados, tres empatados e dezasete derrotas, suma quince puntos, once máis que o BM. Artabro Novo Mesoiro, penúltimo da clasificación. Os vigueses xogarán esta fin de semana na cancha do Acanor At. Novas, coa tranquilidade dos deberes feitos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv pechou a tempada 15/16 cun novo triunfo ante o Joventut (77-33) para despedirse con bo sabor de boca da súa afección e poñer o punto e final a unha campaña na que o estraño sistema de competición condenou aos vigueses a disputar a Fase pola Permanencia, a pesar de contar con bastantes máis vitorias que outros conxuntos que están a pelexar polo título.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Academia Octavio logrou o sábado unha importante vitoria que lle permite seguir soñando coa salvación. Venceu ao Handbol Bordils (27-25) en Travesas e continúa último empatados a puntos co Cisne pero só a dous puntos do Amenabar e a tres do Nava, xa en zona de permanencia. Agora tócalles descansar ata o 16 de abril que viaxarán a terras vascas para enfrontarse ao Bidasoa Irún, segundo na clasificación.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Halcones de Vigo debutaron con vitoria na Primeira División da Liga Nacional de béisbol ante o Cambre, grazas ao grande labor en conxunto. Destacou a picher estrela pola parte viguesa, Maher Guevara, que co seu dominio sacou o partido adiante. Ata chegar á oitava entrada cun resultado a favor dos locáis de 7 a 5. A partir deste momento o adestrador vigués decidiu dar a oportunidade e facer debutar ao canterano Raul Bugallo nesta competición, como picher cerrador do encontro disputado.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Difícil compromiso o do Celta Zorka no primeiro encontro tras o falecemento de Paco Araújo e as súas xogadoras non fallaron dedicándolle a súa gran vitoria ao seu presidente, nun encontro cheo de emotividade onde non faltou a presenza do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes Manel Fernández. O club vigués pediu o seu aprazamento ao Badajoz pero ante a negativa deste, aproveitaron o encontro para renderlle unha merecida homenaxe a Araújo. O resultado foi de 73-54 e as celestes sumaron uns puntos que lle deron a permanencia matemática na categoría.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Importante vitoria a conseguida onte polo Academia Octavio ante o BM La Roca (28-27) nos últimos segundos do partido, que lle permite respirar un pouco máis tranquilo. Méndez, con seis tantos, foi o máximo anotador dos de Jabato que se aferran á categoría acurtando distancia para a salvación. Esta semana adiantan a súa cita liguera ao xoves, na cancha do Juanfersa Gijón.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv deixa encarrilada a súa permanencia no último cuarto en Badalona (52-57), o conxunto de César Iglesias tivo que esperar ata os dez últimos minutos para distanciarse no marcador ante un pelón Joventut e conseguir así o seu segundo triunfo a domicilio nesta Fase pola Permanencia, unha vitoria que supón un paso case decisivo para a continuidade dos vigueses na División de Honra a próxima campaña aínda que terán que confirmala nos dous encontros a disputar no Pavillón Pablo Beiro.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Tras once derrotas consecutivas, o Academia Octavio venceu na pista central das Travesas ao Amenabar Zarautz (31-23), rival directo para a permanencia, nun partido onde houbo igualdade na primeira metade e superioridade viguesa na segunda. Os de Jabato achéganse á zona de salvación. Este sábado enfróntanse na cancha do Viveiros Heron BM. Nava, outro rival directo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O CD Mosteiro Bembrive FS dixolle adeus á Copa Xunta de Galicia caeu derrotado ante o potente Burela Pescados Rubén, onte no Pavillón de Bembrive. Os vigueses plantáronlle cara aos lucenses de primeira división.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Mosteiro Bembrive disputa hoxe martes ante o Burela Pescados Rubén de Primeira División, os cuartos de final da Copa Xunta de Galicia. O encontro será ás 21:00 h, no pavillón de Bembrive.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Amfiv, Celta Zorka, Bembrive e Olivo gañan, Octavio, Las Cinco Jotas, Magope e Vigo perden e o do Blusens Networks suspéndese no descanso cando arrasaban cun resultado de 34-0, é o balance da fin de semana para os equipos Siareiros de elite nos seus encontros ligueiros.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Club Vigo Voleibol continúa coa súa boa sorte e venceu o sábado ao Playas de Médano (3-2) en Coia. Tras gañar ao Palencia a semana pasada, os de Suso Penedo e Yolanda Sienes gañaron en cinco sets. Esta fin de semana viaxarán ás Illas Baleares para enfrontarse ao CV Ca,n Ventura Palma.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A décimo sétima xornada do grupo 1 de Segunda División B enfrontará ao Mosteiro Bembrive e o C.F.S. Cistierna nun encontro que terá lugar mañá sábado, ás 18:30 h, no pavillón de Bembrive. Fai máis dun mes que o Mosteiro non xoga na casa debido ao paro de Nadal e aos seus dous posteriores encontros como visitante. Mañá ante a súa afección tratará de lograr a súa terceira vitoria consecutiva no que vai de ano, pero para escalar dende o cuarto posto da clasificación terá que esperar aos resultados que se dean entre os equipos que ocupan a zona alta, que nas últimas xornadas se resisten a ceder un só punto.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Vitoria con recórd de goles para ou Magope Seis do Nadal-Coia que bateu ante o BM. Artabro Novo Mesoiro ou seu marca de goles nun partido de primeira estatal. Impúxose ao penúltimo clasificado por 20-50. Como xa sucedeu na primeira volta, os vigueses mostráronse moi superiores ao seu rival dende o comezo e sentenciaron xa o encontro no primeiro parcial non que materializaron sete goles e lograron manter a súa portería a cero.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A décimo sexta xornada do Grupo 1 de Segunda División B enfrontará ao Mosteiro Bembrive e ao Husqvarna-Ventorrillo nun encontro que se disputará o sábado, ás 17:00 h, no pavillón municipal do barrio coruñés. O Mosteiro inicia a segunda volta da Liga coa esperanza de ascender posicións na clasificación e abandonar o cuarto posto no que leva asentado varias xornadas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Vitoria do Amfiv, Magope, Olivo, Blusens Networks, Bembrive e Celta Zorka e derrota do Octavio, Las Cinco Jotas, Xuvenil e Vigo, é o balance dos equipos siareiros elite dos seus encontros de competición nacional disputados esta fin de semana.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Mosteiro Bembrive afronta mañá sábado, ás 18:00 h, a décimo quinta xornada do Grupo 1 de Segunda División B, na que se medirá ao Leis Pontevedra no pavillón municipal da capital lerezana.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Última fin de semana de competición liguera do ano para os equipos Siareiros elite, que se van de vacacións con sorte dispar nas súas cuadrículas. Tras o parón polas festas do Nadal, retomarán a competicion oficial a fin de semana do 9/10 de xaneiro, o Octavio, Magope e Cinco Jotas, Blusens Network, Olivo e Celta Zorka, e farano a seguinte fin de semana, a do 16/17 de xaneiro, o Xuvenil, Olivo, Amfiv e Bembrive.