Colaboradores

Logotipo CD Mosteiro Bembrive FS
CD Mosteiro Bembrive FS
Presidente:  Manuel Martínez
Oficina:  Torreiro s/n 36214 Vigo
Telefono:  678872989
Email:  luisbembrive@hotmail.com

O Mosteiro Bembrive enfróntase a O Esteo F.S. de As Pontes mañá sábado, ás 18:30 h, no pavillón de Bembrive, na que será a décimo cuarta xornada do Grupo 1 de Segunda División B.

 

AMFIV BASKETMI 4Catro equipos Siareiros de elite gañaron con facilidade. O sábado o Amfiv facíao no seu feudo fronte ao Abeconsa Baskemi Ferrol (80-40), nun encontro que estaba xa canalizado no primeiro cuarto e sentenciado no descanso. A vitoria permítelle aos pupilos de César Iglesias soñar con disputar a fase polo título.

 

vigo rugby zarauzO Academia Octavio encaixou a súa décima derrota (15-25). Os vigueses caeron nas Travesas ante Palma de Río, nun partido cunha primeira parte igualada (9-9) pero onde se afundiu na segunda metade pola súa incapacidade ofensiva. Esta fin de semana viaxa a Barcelona para enfrontarse ao Lassa.

 

Octavio, Celta Baloncesto, Xuvenil, Vigo, Las Cinco Jotas, Amfiv e Blusens perderon nos seus respectivos compromisos ligueiros, só o Magope gañou no seu desprazamento a A Cañiza e o Bembrive que empatou en Valladolid.

 

O Celta Baloncesto sumou o seu segundo triunfo da tempada ante o Badajoz (48-63), Cristina Loureiro, con 21 puntos, e Laura Alonso, con 16, lideraron a vitoria das viguesas. Esta semana xogara a domicilio frente a Ciudad de los Adelantados.

 

A novena xornada do Grupo 1 de Segunda División B concluíu coa derrota do Mosteiro Bembrive ante o Noia F.S. por 3-1, nun encontro disputado o pasado sábado no pavillón municipal da localidade coruñesa.

 

A oitava xornada do Grupo 1 de Segunda División B deixou un empate a 4 entre o Mosteiro Bembrive e o ADFS Bueu, o que supón un pequeno retroceso nas aspiracións ao título dos vigueses. O resultado permítelles manterse na segunda posición da clasificación, pero ábrese unha brecha de 6 puntos con respecto ao líder, o Noia FS.

 

Na sétima xornada do Grupo 1 da segunda División B o Mosteiro Bembrive venceu 3-4 en terras asturianas fronte ao Boal Belleza. Os de Pitu, malia estar invictos, rompen a súa sorte de tres empates a domicilio.

 

A sexta xornada do Grupo 1 da Segunda División B saldouse cun empate 2-2 entre o Mosteiro Bembrive e o CD Albense, un resultado que sabe a derrota tal e como se desenvolveron os acontecementos. O equipo vigués, que viaxaba a Alba de Tormes con tan só 7 xogadores de campo tras a confirmación das sancións a Chelito e Mario García, deixou escapar nos últimos minutos un vantaxe de dous goles.

 

A quinta xornada do Grupo 1 de Segunda División B concluíu co triunfo do Mosteiro Bembrive ante o Pizarras Los Tres Cuñados por 5-3, nun partido que tivo lugar o pasado sábado no pavillón de Bembrive.

 

O CD Mosteiro Bembrive caeu derrotado onte ante o Catgas Santa Coloma de primeira división (3-7) nos oitavos de final da Copa do Rei de fútbol Sala. Nun abarrotado pavillón de Bembrive, os locais soñaron durante a primeira media hora coa vitoria. Os visitantes aproveitaron o cansazo dos vigueses na segunda parte para sentenciar o encontro. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presenciaron dende as bancadas o encontro.

 

O Mosteiro Bembrive cítase novamente coa historia. Hoxe martes, ás 21:00 h, no pavillón de Bembrive, disputa a rolda de oitavos da Copa do Rei ante o Catgas Santa coloma de División de Honra. Nun enfrontamento a partido único, os vigueses soñan con lograr o pasaporte a cuartos por primeira vez na súa historia, despois dun primeiro intento falido ante o todopoderoso F.C. Barcelona a pasada campaña.

 

Xa se van coñecendo máis datos relativos á data e lugar no que se disputará o partido de oitavos da Copa do Rei entre o Mosteiro Bembrive e o Catgas Santa Coloma de Primeira División. O encontro terá lugar o próximo martes 13, ás 21:00 h, no pavillón de Bembrive.

 

Os vigueses venceron onte aos de Santiago, no pavillón de Bembrive, nun grande encontro, clasificándose para os oitavos de final (4-2). O Mosteiro Bembrive, que milita en Segunda División B, eliminou outro rival de Primeira División, o Santiago Futsal, o mesmo que fixo a campaña pasada co Burela. Os de Pitu esperan que o sorteo lles depare un rival da máxima categoría, como aconteceu o ano pasado co Barcelona.

 

O Mosteiro Bembrive regresa á competición de Copa do Rei para medirse, noutra cita histórica, ao Santiago Futsal, na eliminatoria de dezaseisavos de final. O do, a partido único, terá lugar hoxe martes 29, ás 21:00 horas, no pavillón de Bembrive.

 

O CD Mosteiro Bembrive de fútbol sala clasificouse o pasado martes para dieciseisavos da Copa do Rei, vencendo no pavillón de Bembrive ao Rivas madrileño por 2-1. A próxima rolda disputarase a semana que vén, ante un adversario de Primeira ou Segunda. Este fin de semana os vigueses viaxarán a terras leonesas onde se enfrontarán ao Cistierna FS, na segunda xornada do grupo 1 da 2ª División B, o encontro será o sábado 26, ás 18.30 h.

 

O Mosteiro Bembrive arranca a súa participación na Copa do Rei ante o Rivas Futsal madrileño nun encontro a partido único que terá lugar hoxe martes, ás 21:00 h, no pavillón de Bembrive. Os vigueses chegan a este encontro en boas condicións físicas, aínda que coñecedores de que a etiqueta de "favoritos" a leva o cadro madrileño. Se ben é certo que o Rivas tamén xoga en Segunda División B, é un club que está un chanzo por enriba do resto e que conta coa calidade, infraestruturas e apoio abondo para ascender. De feito, a tempada pasada chegaron a disputar o play-off, pero a derrota ante o Betis privounos da xesta.

 

O segundo partido do Mosteiro Bembrive no Grupo A da Copa Xunta de Galicia concluíu coa vitoria dos vigueses ante o KFM Motorsport coruñés por 0-6. Cómodo partido do Bembrive, que dominou o encontro de principio a fin, chegando ao descanso cun marcador a favor de 0-3.

 

O primeiro partido do Mosteiro Bembrive no Grupo A da Copa Xunta de Galicia concluíu coa vitoria dos vigueses ante o A Estrada Futsal por 5-3. Malia a diferenza de categoría de ambos os dous clubs, os de Pitu saíron a polo triunfo dende o inicio fronte a un rival que buscou en todo momento dar a sorpresa no municipal de Bembrive.

 

El Mosteiro Bembrive non poderá contar con Bruno, unha das súas promesas, para a difícil campaña que se inicia o próximo 19 de setembro. O mozo ala, de tan só 21 anos, deixa o club vigués para xogar no Squadra Mouscron, que milita na primeira división de Bélxica. Os seus antecedentes familiares e unha boa oferta económica son as razóns que levaron ao xogador vigués a tomar a devandita decisión.