Colaboradores

Logotipo CD Mosteiro Bembrive FS
CD Mosteiro Bembrive FS
Presidente:  Manuel Martínez
Oficina:  Torreiro s/n 36214 Vigo
Telefono:  678872989
Email:  luisbembrive@hotmail.com

A última xornada do Grupo 1 de la Segunda División B concluíu coa vitoria do Mosteiro Bembrive ante o Cuellar-Cojalba segoviano por 2-4. O triunfo dos vigueses, nun apertado final de Liga, non foi suficiente para auparles ao liderado xa que o seu rival directo e líder, o Cidade de Narón, saldaba con vitoria o seu enfrontamento na casa ante O Esteo.

 

O CD Mosteiro Bembrive gañou o sábado ao Pizarras Tres Cuñados (4-2) no seu feudo e continúan ocupando a segunda praza da clasificación. A próxima xornada, última do Grupo 1 de la Segunda División B de fútbol sala, decidirase o ascenso onde os de Pitu teñen opcións, necesita un tropezo do Cidade de Narón, que están un punto por enriba. Esta fin de semana haberá parón ligueiro, a última e apaixonante xornada será dentro de dúas semanas.

 

A vixésima xornada do Grupo 1 da Segunda División B concluíu coa vitoria do Mosteiro Bembrive ante o Cistierna leonés por 0-6, nunha xornada enchida de sorpresas. O equipo de Pitu, moi concentrado do primeiro ao último minuto, resolveu con contundencia un encontro que marchou ao descanso con marcador de 0-2, tras unha extraordinaria actuación da súa segunda rotación.

 

Nin o cuartos de final da Copa Xunta fronte ao Burela Pescados Rubén, nin os oitavos de final da Copa do Rei fronte ao Fútbol Club Barcelona, o partido máis importante que disputará o Mosteiro esta tempada será que lle enfronte, este sábado ás 19:00 no municipal de Bembrive, a un Cidade de Narón líder, con soamente un punto máis que os vigueses.

 

A décima xornada do Grupo 1 da Segunda División B de fútbol sala concluíu co claro triunfo do Mosteiro Bembrive ante o Albense por 7-0, nun partido que tivo lugar o pasado sábado no pavillón de Bembrive. Os antecedentes dicían que o partido ante o Albense salamantino sería dunha dificultade máxima: ningunha vitoria para os vigueses nos últimos tres enfrontamentos ante un equipo que a tempada pasada contaba nas súas filas co internacional e campión do mundo Pipe. Tratábase polo tanto dun duro test para calibrar as opcións de ascenso do Mosteiro.

 

A décimo sexta xornada do Grupo 1 de Segunda División B, concluíu co triunfo do Mosteiro Bembrive ante o Universidad de Valladolid por 3-5, nun partido que tivo lugar o pasado sábado no pavillón Fuente da Amora. O Mosteiro xogabase boa parte da tempada neste partido. Coa zona alta da táboa tan apertada, todo punto sumado é vital.

 

O Mosteiro Bembrive queda fóra da Copa Xunta tras perder en cuartos de final por 2-5 ante o Burela Pescados Rubén de Primeira División. O encontro, que se disputou onte a partido único no pavillón de Bembrive, cumpriu coas expectativas e foi un espectáculo no que o Mosteiro demostrou unha vez máis que pode plantalo cara aos mellores equipos do panorama nacional.

 

O Mosteiro Bembrive volveu dar mostras do seu bo estado de forma e o seu olfacto goleador derrotando ao Ventorrillo cun abraiante 1-10, o que lle inxecta un plus de motivación de cara ao importantísimo encontro de Copa Xunta que disputará ante o Burela Pescados Rubén hoxe martes, ás 21.00 h, no pavillón de Bembrive.

 

Sen tempo para saborear a vitoria da pasada fin de semana ante o Gardo, o Mosteiro Bembrive xa se prepara física e mentalmente para a súa "semana grande", na que xogará tres partidos moi importantes para as súas aspiracións. Os seus do ante o Ventorrillo e o Universidade de Valladolid en Liga e ante o Burela en Copa Xunta marcarán en boa medida o seu futuro nesta tempada.

 

O C.D. Mosteiro Bembrive F.S. venceu ou sábado ao Guardo F.S. por 5-4, no pavillón de Bembrive. Importante vitoria que lle permite aos vigueses manterse na terceira posición. A vindeira xornada desplazarase á cancha do farolillo, ou Uv. Ventorrillo F.S.

 

O Mosteiro Bembrive de fútbol sala continúa a súa xesta na Copa do Rei. Tras vencer ao Cidade de Narón, campión do seu grupo en Segunda B, gañou onte ao Burela Pescados Rubén (5-4) de primeira división e clasificouse para os oitavos de final. Partido moi igualado que o equipo vigués resolveu na prórroga.

 

Esta noite, ás 21 h., no pavillón de Bembrive, o Mosteiro Bembrive FS regresa á Copa do Rei recibindo ao Burela Pescados Rubén, de Primeira División. É a primeira participación na Copa da súa historia, tras acceder a dieciseisavos de final ao eliminar ao Cidade de Narón. As entradas están á venda ao prezo de 6 €, 3 para os socios. O Bembrive vén de gañar a domicilio ao Leis (3-5), o pasado sábado, na primeira xornada de egunda División B de fútbol sala.

 

o_esteo_bembriveObxectivo cumprido. O Bembrive F.S. sabía que necesitaba gañar en As Pontes para concluír a tempada na segunda posición e o fixo con solvencia e autoridade a pesar dos nervios típicos ao comezo do choque. O triunfo permite ao novo conxunto de Pitu rematar unha campaña histórica cun brillantísimo subcampionato que supón tamén a clasificación para disputar a próxima campaña tanto a Copa do Rei como a Copa Xunta.

 

O conxunto vigués pecha este sábado ante O Esteo a tempada na Segunda División B coa intención de lograr un triunfo que lle sirva para lograr o subcampionato. Unha segunda praza que, ademais, podería abrir tamén as portas da loita polo ascenso tras a recente modificación do play-off acordada por al de Fútbol Sala.

 

BembriveO CD Mosteiro Bembrive FS remata coa sorte de imbatibilidade do FS Zamora (4-1) no debut no banco de Artola. A falta dunha xornada, os de Pitu, que visitan As Pontes dentro de quince días, están a unha vitoria do subcampionato e a un punto de asegurar a Copa do Rei.

 

O Mosteiro Bembrive de fútbol sala perdeu 6-3 o pasado sábado na pista do Cidade Narón, campión matemático do Grupo 1 da Segunda División B. Os vigueses plantáronlle cara ao campión pero non puideron levar os puntos, descendendo á cuarta praza da clasificación. A Liga descansa dúas semanas, retomarán a competición o próximo 26 de abril.

 

O Mosteiro Bembrive de fútbol sala perdeu 6-3 o pasado sábado na pista do Cidade Narón, campión matemático do Grupo 1 da Segunda División B. Os vigueses plantáronlle cara ao campión pero non puideron levar os puntos, descendendo á cuarta praza da clasificación. A Liga descansa dúas semanas, retomarán a competición o próximo 26 de abril.

 

bembriveA xornada deste sábado, en segunda División B de fútbol sala, depara a visita dos vigueses, terceiros pero con só cinco xogadores de campo dispoñibles para o encontro, á pista do xa campión da categoría, mentres que no outro choque estrela da xornada o segundo clasificado, o Noia, visita ao cuarto, o Universidade de Valladolid.

 

O Bembrive F.S. logrou unha importante e traballada vitoria (2-1) na primeiras das súas catro finais para intentar rematar a tempada nas tres primeiras prazas e lograr así a súa clasificación para disputar a próxima edición da Copa do Rei. Os vigueses dominaron a primeira parte e na segunda chegaron a colocarse con dous goles de renda ao seu favor pero acabaron sufrindo nos últimos minutos ante un Pizarras 3 Cuñados que puido mesmo marchar de Vigo co empate.

 

O Mosteiro Bembrive de fútbol sala venceu o sábado ao F.S. Cuellar-Cojalba por 5-4, o que lles permite manterse na terceira praza do grupo I da segunda División B de fútbol sala. Os vigueses foron superiores aos segovianos durante todo o encontro. A próxima xornada os de Bembrive descansarán.