Colaboradores

Logotipo CD Mosteiro Bembrive FS
CD Mosteiro Bembrive FS
Presidente:  Manuel Martínez
Oficina:  Torreiro s/n 36214 Vigo
Telefono:  678872989
Email:  luisbembrive@hotmail.com

O Mosteiro Bembrive de fútbol sala vence pola mínima en Ventorrillo e aproveita o tropezo de Universidade de Valladolid na súa cancha, fronte a Arcebansa Fisiolife, para avanzar ata o terceiro lugar do Grupo 1 de Segunda B. O único gol do partido foi a cargo de Gesteira no minuto 17. Viuse un dos encontros máis disputados da tempada na cancha coruñesa, o equipo vigués mostrouse moi seguro e contundente en defensa.

 

Cuarto empate consecutivo para o Mosteiro Bembrive que o sábado o fixo ante o Don Ulpiano Albense cun resultado de 4-4. Os vigueses seguen cuartos na táboa de clasificación. A próxima xornada enfrontásense ao Ventorrillo FS a domicilio.

 

O pasado sábado o C.D. Mosteiro Bembrive F.S. visitou o pavillón do Noia FS nun partido moi tenso e igualado, onde quedou reflectido o resultado final 4-4. Os homes de Pitu con este punto seguen na loita dos primeiros postos. Os goles por parte viguesa foron obra de Borrajo (1), Mario (1) e Jacobo (2). Esta fin de semana, os de Bembrive reciben no seu pavillón ao C.D. Albense. O partido será o sábado 8 de febreiro, ás 18.30 h.

 

O CD Mosteiro Bembrive FS logrou un duro empate a catro contra o Azkar Lugo B, o pasado sábado, grazas aos tantos de Nene (2), Berni (1) e Borrajo (1). A pesar do estado da pista, os vigueses lograron salvar os obstáculos e sumar un punto, manténdose nos postos de cabeza. A próxima xornada, os vigueses enfróntaranse ao Noia FS a domicilio.

 

O Bembrive FS conseguiu o pasado sábado un valioso empate en terras pucelanas fronte a un directísimo rival, o Universidade de Valladolid (2-2). Partido emocionante dende o primeiro minuto e a falta de 8 decimas, Mario tivo o seu alcanze o desempate. Os goles por parte viguesa correron a cargo de Mario e Borrajo, e pola parte local marcaron Enrique e Sergio. O equipo segue no terceiro posto da clasificación.

 

Vitoria do Mosteiro Bembrive de fútbol sala (7-3) o pasado sábado ante o Espinar, último da táboa. Partido con clara superioridade viguesa ante os segovianos que nada puideron facer para evitar o triunfo local. A próxima xornada os de Bembrive viaxarán a terras castelás, para enfrontarse ao Universidade de Valladolid.

 

O Mosteiro Bembrive F.S. pecha o ano cunha importante vitoria fronte a O Esteo no pavillón Vicente Álvarez por 7-5. Os vigueses tiveron máis acerto nos minutos finais e levaron os puntos que lle permite asentarse na quinta praza da clasificación.

 

Un gol de Nene a tres miutos do final, logra o triunfo ao Mosteiro Bembrive ante o Zamora 0-1. O pasado venres, en terras castelás, o equipo vigués levou os puntos ante un rival complicado, o que lle permite continuar na zona alta da clasificación. Este fin de semana os vigueses reciben ao Esteo F.S. Será o sábado 21, ás 18.30 horas no pavillón de Bembrive.

 

O Bembrive FS visita este venres ao Zamora FS, partido que terá lugar ás 21 horas no Pavillón Ángel Nieto. O equipo vigués tratará de volver á casa cunha vitoria, para seguir conservando o seu posto nas primeiras posicións da táboa clasificatoria.

 

O Mosteiro Bembrive caeu o venres ante o Cidade de Narón, líder do Grupo 1 da segunda división B de fútbol sala, por 3-5. Derrota previsible ante o imparable Narón que tomou a iniciativa dende os primeiros minutos do partido. O club vigués aproveitó o encontro para presentar aos equipos das categorías inferiores no seu pavillón, ante unha boa entrada.

 

Mañá venres, ás 18:30 h, o Mosteiro Bembrive FS recibirá na súa casa ao Cidade de Naron FS, actual líder da categoría. Os rapaces de Pitu tratarán de acurtar distancias e poñer a solo tres puntos. Espera un gran partido e que a afección saia contenta. Ao finalizar o encontro o equipo vigués fará a presentación de todas as súas categorías.

 

O Mosteiro Bembrive de fútbol sala venceu por 2-3 ao Pizarras Los Tres Cuñados, no Barco de Valdeorras, en partido adiantado ao venres. No primeiro tempo foi control total por parte dos vigueses onde se puideron adiantar o marcador en varias ocasións pero as grandes paradas de Ismael e os paus o impediron.

 

O partido da segunda división B de fútbol sala que enfronta ao Mosteiro Bembrive contra o Pizarras Los Tres Cuñados, no seu campo, adiantase a hoxe (21.30 h.) por non dispoñer de horario para o sábado. Os homes de Pitu intentarán traer os puntos para non se descolgar dos postos de cabeza, a pesar de ser o campo do Barco de Valdeorras un escenario difícil.

 

O Mosteiro Bembrive F.S. reatópase coa vitoria nun complicado partido. Os locais impuxéronse por 5 a 4 ao Guardo F.S. nun encontro que comezou moi ben para os vigueses pero que os visitantes estiveron a punto de empatar. A próxima xornada, a décima do Grupo 1 da Segunda División B de fútbol Sala, o Bembrive xogará contra o Pizarras Los Tres Cuñados a domicilio.

 

O Mosteiro Bembrive F.S. afástase dos primeiros postos da táboa de clasificación ao caer derrotado ante o F.S. Cuéllar Cojalba a domicilio (10-6). Higinio, por parte dos locais, foi a estrela do encontro con seis tantos no seu haber.

 

O Bembrive F.S. consegue un empate ante o Ventorrillo, o cal tivo a súa última oportunidade de marcar sobre bucina final, grazas a un penalti que finalmente pasou rozando o pau dereito sen lograr entrar na portería. O equipo vigués xogou ante un público de 180 persoas. A próxima xornada desprázase a terras segovianas para enfrontarse contre o Cuellar F.S.

 

O Albense conseguiu sobre a bucina unha sufrida vitoria ante o Bembrive F.S., que puxo as cousas moi difíciles ata o final. Comezo forte do conxunto local, que conseguía un 2-0 nos primeiros catro minutos do encontro. Este gol foi moi protestado polo club vigués, debido a unha man do seu autor. O Bembrive sacou a casta e deulle a volta ao marcador, chegando cun 2-3 favorable ao descanso.

 

Partido emocionante ata o último segundo. O Bembrive FS enfrontabase ao vixente campión da categoría, o Noia FS. Ao redor de 250 espectadores asistiron ao campo e vibraron ata o asubío final.

 

Despois da súa vitoria en Lugo ante o Azkar Lugo B, o Bembrive FS recibe ao Noia FS, vixente campión da Segunda Nacional B de fútbol sala, encontro no cal está en xogo o primeiro posto da devandita categoría. O encontro terá lugar no Pavillón de Bembrive ás 18.30 horas. O adestrador Pitu terá a disposición todo o seu equipo menos Eloy, que se perderá o partido por culpa dunha lesión. Espera que haxa un bo ambiente no pavillón, onde a entrada será gratuíta.

 

O Bembrive obtivo a súa segunda vitoria da tempada (6-7) nun partido no que tivo que remontar un 6-3 quedando 5 minutos para o final.