Colaboradores

Logotipo Club Bádminton Rachaplumas
Club Bádminton Rachaplumas
Presidente:  Mª Asunción Álvarez Lemos
Oficina:  Avda. Ramón Nieto, 133 - P.1 - 5º A 36205 Vigo
Telefono:  654620136
Email:  cbrachaplumas@yahoo.es

xxO pasado domingo celebrouse en A Estrada a primeira proba do Circuíto Galego sub-12 e sub-17 de bádminton con participación viguesa.  O Club Bádminton Rachaplumas desprazou a cinco xogadores, catro sub-13, Jacobo Fernández, Javier Alava, Gabriel Fernández e Omar Vila e unha sub-17, Rebeca Gómez.

 

rachaplumas_2013Este sábado, na pista vermella do IMD das Travesas, pechouse a tempada de bádminton en Vigo co VII Trofeo Concello de Vigo - IV Memorial Luis Mirou de bádminton. A proba estivo organizada polo Club Bádminton Rachaplumas. Na competición tomaron parte 180 deportistas que representaron ao CB Los Sauces de Pontevedra, Colexio Compañía de María de Cangas, CEP Pedro Caselles e CEIP Sobrada de Tomiño, Colexio Estudio e Colexio Anxo de e Nigrán e as entidades de Vigo, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, IES de Teis e CB Rachaplumas.

 

Este sábado, na Pista Vermella do IMD das Travasas de Vigo, pecha a tempada de bádminton en Vigo co VII Trofeo Concello de Vigo - IV Memorial Luis Mirou de bádminton con 180 participantes e a disputa de 340 partidos. A proba esta organizada polo Club Bádminton Rachaplumas.

 

Rachaplumas_mayo_13O Club Bádminton Rachaplumas desprazou esta fin de semana a catro xogadores para participar no Campionato de España Sub-11 que se celebrou na localidade asturiana de Vegadeo. Os xogadores desprazados foron: Jacobo Fernández, Anxo Alexandre Vila, Omar Vila e Gabriel Fernández.

 

Rachaplumas_abril_2013O pasado sábado o Pavillón Municipal de Tomiño foi sede do Campionato Provincial Escolar de Bádminton da provincia de Pontevedra. Un total de 130 deportistas clasificados de toda a provincia tomaron parte na proba dos cales 33 pertencían ás entidades de Vigo: Colexio Monterrey, Colexio Martín Codax, IES de Teis, Colexio Carmelitas e Club Bádminton Rachaplumas de Vigo.

 

cb_rachaplumas-medallistasUn total de 13 xogadores pertencentes ao club Bádminton Rachaplumas de Vigo tomaron parte esta fin de semana no II Torneo Internacional Costa Verde que celebrouse na localidade portuguesa de Espinho. A representación viguesa estivo composta por Ana Belén Salgueiro, Gabriel Fernández, Omar Vila, Jacobo Fernández e Javier Alava en sub-13, Rebeca Gómez en sub-15, Brais Vila e Miguel Silva en sub-17, Jorge García e Javier González en sub-19, Alexandre Audras en senior e Juan Fernández e Juan Manuel Vila en Veteranos.

 

20130318_rachaplumasO pasado sábado celebrouse en Vigo a fase final do zonal Vigo-Pontevedra-Val Miñor do Campionato Escolar de Bádminton. Un total de 126 xogadores de 10 entidades tomaron parte nesta fase para disputar un total de 180 partidos. As entidades presentes foron: Colexio Estudio e Colexio Ángel da Garda de Nigrán, Colexio Compañía de María de Cangas, Club Bádminton Los Sauces de Pontevedra, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, Colexio Martín Codax, IES de Teis, EDM de Vigo e Club Bádminton Rachaplumas de Vigo.

 
20130312_rachaplumasO pasado sábado 9 de febreiro de 2013, Vigo foi sede do XXXV Campionato Galego sub-11 e sub-17 de Bádminton organizado polo CB Rachaplumas e a Federación Galega de Bádminton. O Rachaplumas brillou no aspecto deportivo e organizativo. No plano deportivo cumpríronse os prognósticos e lográronse un total de 6 medallas: dous ouro, dous pratas e dous bronces máis o título de mellor club en  Sub-11.

 

Do 26 ao 30 de xuño de 2011 a selección Galega infantil e cadete de bádminton vai tomar parte no Campionato de España Escolar que se vai celebrar en Pamplona.

 

374cb rachaplumas infantil-cadeteO pasado sábado celebrouse na Pista Vermella do IMD das Travesas de Vigo a 5ª edición do Trofeo Concello de Vigo - II Memorial Luis Miró de bádminton, organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo e o Club Bádminton Rachaplumas.

 

374rachaplumasO sábado 21 de maio de 2011 o Pavillón Municipal de Outes da localidade coruñesa de Outes acolleu o Campionato Galego Escolar de Bádminton Infantil e Cadete.

 

374ainoa-brais-luciaEste sábado celebrouse en A Estrada o Campionato Galego sub-17 de bádminton coa participación de seis xogadores pertencentes ao CB Rachaplumas. Os xogadores que tomaron parte en é campionato foron: Ainoa Rial, Laura Valverde, Carla Mouriño, Lucia Coello, Brais Vila e Alejandro Rivadulla.

 

Do 29 de abril ao 2 de maio de 2011 dúas deportistas galegas Eva Murio do CB Rachaplumas de Vigo e Noelia Gestoso do CB Thebes&Reale A Estrada van a estar na Residencia Aristos de Getafe (Madrid) concentrada con 24 deportistas de toda España na VII Concentración Nacional do Programa Se Busca Campión.

 

374prebenjaminO sábado 26 de marzo de 2011 o Pavillón Municipal de Baiona foi sede da fase Zonal Vigo-Val Miñor do Campionato Escolar de bádminton clasificatorio para a final provincial do Campionato Escolar de bádminton que se celebrará o 2 e 3 de abril de 2011 en As Neves.

 

374rachaplumasmarzo2011Un total de 24 xogadores galegos tomaron parte esta fin de semana na décima proba do Circuíto Nacional de bádminton sub-15 e sub-19 -VII Torneo Villa del Tratado que se celebrou no Pavillón Municipal de Tordesillas.

 

badminton18.5.10Un total de 24 xogadores galegos van a tomar parte esta fin de semana na décima proba do Circuíto Nacional de Bádminton Sub-15 e Sub-19 - VII Torneo Vila do Tratado que se celebra no Pavillón Municipal de Tordesillas.

 

374gabriel-ana-jacoboO domingo As Neves acolleu o Campionato Galego sub-11 e Absoluto coa participación de catro xogadores do CB Rachaplumas, tres en sub-11 e 1 en absoluto.

 

12.3.11cb rachaplumasO pasado sábado na Pista Vermella do IMD de As Travesas de Vigo tivo lugar o II Campionato Galego sub-9 e o XXXIII Campionato Galego sub-15 de Bádminton organizado polo Club Bádminton Rachaplumas e a Federación Galega de Bádminton.

 

badmintonmarzo2011Dez anos despois, un Campionato de Galicia de bádminton volve a Vigo, esta vez de categoría sub 9 e sub 15, que se disputarán este sábado na Pista Vermella do IMD das Travesas dende as 10.00 horas con entrada gratuíta.

 

badminton17.4.10Nova derrota do CB As Neves por 2-5 ante o CB Benalmádena en Andalucia e confirma o seu descenso a primeira nacional