Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Club Ciclista Vigués
Club Ciclista Vigués
Presidente:  José Carlos Vidal Otero
Oficina:  R/Aragón, 236 - 1º C 36207 Vigo
Telefono:  658 969 640
Email:  ccvigues@yahoo.es

trofeoELMO III Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive congregará, mañá sábado, a trescentas novas promesas do ciclismo de Galicia e Norte de Portugal, na viguesa Área Recreativa do Pouso, a partir das 16.30 horas, baixo a organización do Club Ciclista Vigués-Autronic e co patrocinio do Concello de Vigo.

 

marcha ciclista salidaA marcha ciclista popular Bicis na Primavera levará masivamente as bicicletas este domingo ás rúas de Vigo, nun convite que se estende a participantes de todas as idades. A saída está prevista para as 10:30 horas dende a Porta do Sol. Estará organizada polo Club Ciclista Vigués-Autronic e conta coa colaboración do Concello de Vigo.

 

bici rutas manelO programa Bicirutas realizou o seu terceiro percorrido do ano desafiando as malas condicións metereolóxicas e con menor asistencia que os anteriores, debido a festa da Reconquista. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, quiso apoiar o evento deportivo que patrocina o Concello de Vigo.

 

manel ciclistaO Club Ciclista Vigués-Autronic presentou na fin de semana aos seus equipos da tempada 2016 coa asistencia do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández. Parabéns do edil á entidade que preside Carlos Vidal pola súa promoción do ciclismo a todos os niveis. No acto, o CCV homenaxeou á Policía Local e a Protección Civil, sen cuxa aportación en materia de seguridade non sería posible organizar as probas de competición e as bici rutas.

 

Bicirutas 2 13.03.16O programa Bicirutas realizou o seu segundo recorrido do ano con bo tempo e magnífica participación e coa presenza de Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, que quiso apoiar o evento deportivo que patrocina o Concello de Vigo. O pasado domingo, ás 10.30 horas, a serpe multicolor marchou dende a Porta do Sol en ruta urbana ata Cabo Estai e volta á Porta do Sol.

 

ciclista vigues feb 2016Madrugou a primeira vitoria da tempada para o equipo Autronic-CC Vigués. O seu corredor elite Óscar Sánchez conseguiu o pasado domingo a vitoria na III Subida ao Santuario Virxe da Serra, na localidade cordobesa de Cabra. A proba contou coa participación de ao redor de trescentos ciclistas, de distintas categorías. Óscar Sánchez cruzou a meta en solitario, que estaba precedida de 12 quilómetros de ascensión.

 

bicirutasRegresan as bici rutas da man do Club Ciclista Vigués e co patrocinio do Concello de Vigo. Logo das tres rutas de marzo e abril, comeza a tempada de outono-inverno coa primeira das catro saídas programadas. O paseo ciclista por Vigo comezará na Porta do Sol ás 10:30 horas para recorrer boa parte da cidade durante dúas horas e media.

 

ciclista vigues agosto 2015Roberto Mediero (Supermercados Froiz) gañou a segunda xornada do Grande Premio Cidade de Vigo - Díptico de Galicia, despois de rematar segundo tanto na cronoescalada coma na carreira de fondo que estaban reservadas ao segundo día de competición. Pola súa parte Daniel López (Caixa Rural) impúxose na xeral do Díptico computadas as dúas xornadas.

 

ciclismoO II BTT Entidade Local Menor de Bembrive - Energanova conseguiu un grande éxito de participación e de público, reunindo douscentos cincuenta novos participantes, que competiron na zona da Área Recreativa do Pouso (Bembrive) durante tres horas e media, agrupados en distintas categorías.

 

O Autronic - Club Ciclista Vigués celebra esta fin de semana a concentración previa ao inicio de tempada, no municipio de Oia, a cal servirá de preparación ao arranque de tempada, previsto para o día 21 en Zamora. Tomás Martínez, director deportivo, terá ás súas ordes de venres a domingo un criadeiro de doce corredores.

 

paula_ciclistaPaula Sanmartín, do Autronic-C. C. Vigués, demostrou a súa calidade nos campionatos de España junior que esta fin de semana disputaronse en Mazarrón (Murcia). A ciclista viguesa logrou un cuarto posto na modalidade de fondo e o quinto na de contra o reloxo individual, confirmando, no seu primeiro ano na categoría, que se atopa entre as mellores ciclistas do panorama nacional.

 

ccviguesLuis Mariño adxudicouse o 41 Grande Premio Cidade de Vigo, encabezando o domino do equipo Supermercados Froiz. O padronés mandou de principio a fin a carreira de fondo, cunha fuga en solitario que inicio na terceira volta ao esixente circuíto de O Castro, cando quedaban aínda doce por diante; e foi segundo na cronoescalada de 3,5 quilómetros dende a Porta do Sol, para totalizar 27 puntos.

 

O Autronic -CC Vigués disputa a Volta a Zamora, dividida nun prólogo e catro etapas. A rolda castelá, reservada ao pelotón elite-sub 23, arranca este ano na cidade de Toro e a primeira etapa en liña dispútase hoxe, xoves, entre Muelas del Pan e Benavente, sobre 137,8 quilómetros.

 

ciclista_bizkaiaO Autronic -CC Vigués júnior disputará de hoxe ao domingo a X Bizkaiko Itzulia (Volta Ciclista a Bizkaia), a proba por etapas máis importante do calendario español na súa categoría, que na presente edición contará cun pelotón composto por 30 equipos, de 3 nacionalidades diferentes, e un total de 180 ciclistas, representativos de 11 países.

 

As bicicletas encherán a parroquia de Bembrive o próximo domingo ao longo de todo o día, coa Ciclista Popular Bembrive 2014, pola mañá, e o I Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive, para escolas e cadetes, pola tarde. O programa vespertino inclúe tamén unhas probas de promoción para novos non federados. A Entidade Local Menor, o Concello de Vigo e o Club Ciclista Vigués - Autronic fan posible esta actividade.

 

percorridoO domingo celébrase unha nova Bici Ruta, a última desta tempada de primavera, cun percorrido inédito, que propón un pedaleo un pouco máis intenso do habitual, coa suba a O Castro. A saída, unha vez máis, sitúase na Porta do Sol, á altura do Sireno, para arrancar ás 10:30 horas; e o itinerario concluirá na Praza do Rei, en torno á unha de tarde.

 

autronicO Autronic - C. C. Vigués terá representación en dúas frontes competitivas esta fin de semana. Por un lado, o equipo elite-sub 23 disputará en Povoa do Varzim (Portugal) a Clásica de Primavera, que organiza a A. C. Porto, sobre a distancia de 146 quilómetros.

 

Manel_ciclista_viguesO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Manel Férnandez, visitou o equipo Autronic - C. C. Vigués no seu lugar de concentración en Viladesuso (Oia) a pasada fin de semana. Posteriormente o equipo vigués saíu a adestrar ás ordes de Tomás Martínez, preparando o arranque da que será a súa 40 tempada no pelotón elite - sub 23 español, a próxima fin de semana en Zamora. 

 

O Autronic-Club Ciclista Vigués aproveita esta fin de semana, previa ao inicio da competición, para reunir o equipo nunha concentración en Oia. Os corredores empregarán as xornadas do sábado e do domingo para celebrar dous adestramentos conxuntos.

 

O Autronic-Club Ciclista Vigués aproveita esta fin de semana, previa ao inicio da competición, para reunir o equipo nunha concentración en Oia. Os corredores empregarán as xornadas do sábado e do domingo para celebrar dous adestramentos conxuntos.