Colaboradores

Logotipo Club Ciclista Vigués
Club Ciclista Vigués
Presidente:  José Carlos Vidal Otero
Oficina:  R/Aragón, 236 - 1º C 36207 Vigo
Telefono:  658 969 640
Email:  ccvigues@yahoo.es

autronicO Autronic-Club Ciclista Vigués, decano do ciclismo español, inicia os seus 40 tempada na categoría elite - sub 23 cun equipo de inicial de 14 corredores, aínda que aberta aínda a algunha incorporación máis. Na liña do que foron estas catro décadas, a formación viguesa, dirixida por Tomás Martínez, busca esencialmente a formación de novos valores e dar continuidade ao labor realizade nas categorías inferiores da entidade.

 

bici_rutasAs Bici Rutas 2013, organizadas polo Club Cicista Vigués - Autronic,  puxeron punto final ao ciclo de outono cun magnífico percorrido pola Traída da Auga, que se iniciou en O Calvario e foi ata Cedeira (Redondela), para regresar ao punto de partida, despois de cubrir uns 25 quilómetros. A soleada mañá e as continuadas e espectaculares vistas da ría fixeron aínda máis grata a actividade.

 

Unha nova edición das Bici Rutas iníciase este domingo, cun calendario que estará vixente ao longo de 4 semanas: 10 e 24 de novembro e 1 e 15 de decembro, baixo a coordinación do Club Ciclista Vigués - Autronic. A saída das tres primeiras realizarase dende a Porta do Sol, ao pé do Sireno; e a cuarta e última dende a zona peonil do Calvario.

 

paula_ccviguesA historia continúa despois de 50 anos de éxitos deportivos e humanos. O Club Ciclista Vigués - Autronic abre mañá sábado o novo curso da escola de ciclismo 2013/2014. Atrás vai quedando xa a campaña dos seus 50 anos no Rexistro na Federación Española de Ciclismo, na que volveu presentar ciclistas en todas as categorías, dende principiantes ata elite, unha constante case permanente neste medio século, pois o seu primeiro equipo, con presenza ininterrompida no pelotón nacional dende 1975, é tamén o decano do ciclismo español.

 

O Autronic - CC Vigués terá cinco representantes, nas dúas xornadas do venres e do sábado, dos campionatos de España de ciclismo que se celebrarán esta fin de semana na localidade leonesa de Bembibre, en categorías elite e sub 23. Será Jesús Linares, medalla de bronce nos campionato de Castilla e León celebrados o pasado sábado, o primeiro en entrar en competición, para disputar o título nacional de contra reloxo elite sobre unha distancia de 43,8 quilómetros a partir das 11 da mañá.

 

ccvigues_vivero_2013.1O cadete Raúl González e a alevín Carla Fernández, volveron darlle a vitoria ao Autronic - C. C. Vigués na trixésima edición do Trofeo San Roque, de Viveiro (Lugo), repetindo a actuación de quince días antes no Trofeo Concello de Dumbría, onde tamén subiran ao máis alto do podio.

 

ciclista_vigues_maio_2013O Autronic - C. C. Vigués tomará parte na VI Volta Ciclista ás Bisbarras de Lugo, que se disputa en tres etapas, de venres a domingo, con quince equipos do pelotón elite e sub 23 español e portugués na liña de saída e un percorrido esixente. A distancia total a percorrer é de 379,5 quilómetros.

 

Bear_Gabay_CCViguesO Autronic - C.C. Vigués decidiu o equipo que presentará na Volta á Coruña, a disputar esta fin de semana en tres etapas. Os sete corredores elixidos polo técnico Tomás Martínez son: Rubén Sánchez, Asier Fernández, Paulo González, Samuel Blanco, Daniel Ruiz e os israelís Yoav Bear e Guy Gabay.

 

Bear_Gabay_CCViguesO Autronic - C. C. Vigués incorpora a dous das promesas máis relevantes do ciclismo israelí, Yoav Bear, que cumprirá a súa cuarta tempada no equipo que dirixe Tomás Martínez, e a Guy Gabay, que chega  Vigo este ano por vez primeira. Ambos os dous militan en categoría sub 23.

 

Ciclista_Vigues_Asier_GlezO ciclista do Autronic - C. C. Vigués Asier Fernández rozou de novo a vitoria ao conseguir o excelente segundo posto en la proba XXXII SAN GREGORIO SARIA, disputada sobre de 137 quilómetros. Esta carreira está integrada dentro do calendario do Trofeo Euskaldun e contou cunha nutrida participación de 132 corredores de categorías elite e sub 23.

 

O Autronic - C.C.V. tivo unha destacada actuación no arranque oficial da tempada en Zamora, especialmente no Trofeo Iberdrola, proba de grande raizame no calendario nacional, e na que o equipo vigués conseguiu clasificar tres corredores entre os quince primeiros da xeral, cun sétimo, décimo terceiro e décimo quinto postos, a cargo de Asier Fernández, Rubén Sánchez e Jesús Linares, respectivamente.

 
planolineaTodo está disposto para o Gran Premio Cidade de Vigo de ciclismo afeccionado. A proba reconquista o corazón da cidade, porque "ese era o desexo do goberno municipal?" lembra o concelleiro de deportes, Manel Fernández, tamén presidente de VIDE.

A primeira xornada celebrarase hoxe sábado (17:00 horas) sobre un circuíto na Avenida de García Barbón, no tramo comprendido entre Santiago de Vigo e a nova rotonda da intersección coa prolongación de Rosalía de Castro, coa meta situada á altura da rúa Porto (ver foto).

Trátase dun escenario cun perfil plano que brindará unha gran oportunidade aos velocistas. A carreira terá tres mangas: fondo (20 voltas), esprines (15 voltas, con esprines cada 3) e eliminación. Na proba de eliminación, cairanse dous ciclistas en cada volta ata quedar dez ou once, momento no que a eliminación producirase de un en un. 

A mañá do domingo (10:30 horas) deparará outra atractiva sesión, sobre un escenario completamente distinto, porque a competición neste caso preséntase máis apta para escaladores, cunha cronoescalada entre a Porta do Sol, ao pé do Sireno, e o monte do Castro de 3,64 quilómetros, con saída dos ciclistas de minuto en minuto.

 

ccviguesgpTodo a punto para pechar este mes coa 39 edición do Gran Premio Cidade de Vigo-Díptico Ciclista de Galicia, coa organización do Club Ciclista Vigués-Autronic e o patrocinio do Concello de Vigo.

"O mellor ciclismo afeccionado elite e sub 23 vaise dar cita en Vigo", asegurou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que se felicitou polo "regreso desta tradicional proba ás rúas da cidade, que recobra o seu carácter de carreira urbana", sinalou, "porque faltaba a participación da cidadanía", indicou durante a rolda de prensa de presentación do evento, fixado para os días 29 e 30.

 

 
A 39 edición do Gran Premio Cidade de Vigo, Díptico Ciclista de Galicia, superados diversos problemas técnicos, celebrarase finalmente os días 29 e 30 deste mes, para as categorías elite e sub 23, baixo a organización do C.C. Vigués Autronic. O programa desta tradicional carreira ofrecerá un cóctel de velocidade e montaña, en pleno centro da cidade.

 
O Autronic-Club Ciclista Vigués decidiu o equipo co que participará na Volta á Coruña e que estará encabezado polo flamante campión de Galicia elite, Rubén Sánchez. A formación complétana Asier Fernández, Paulo González, Iván Sebastián, Brais Rodríguez, Daniel Ruiz e Juan Fernández López-Gavela.

 

Iván Roade (terceiro) confirmou na volta a Portugal júnior o seu rendemento en carreiras por etapas

O ciclista do Autronic - Club Ciclista Vigués ocupou a terceira posición na Volta a Portugal júnior, carreira que disputou cedido á Fundación Óscar Pereiro. O ciclista do equipo vigués segue con excelente traxectoria, especialmente en probas por etapas.

 

374yoavO ciclista de Autronic-CCV Yoav Bear proclamouse subcampión de Israel na modalidade de contra o reloxo individual, quedando a 17 segundos do título, conquistado por Eyal Rahat. Este ciclista, de 27 anos, investiu un tempo de 52-23 en cubrir os 36 quilómetros sobre os que se disputou o campionato.

 

O ciclista do Autronic-Club Ciclista Vigués conseguiu unha destacada décima praza na etapa raíña da Volta Internacional ao Besaya, e a undécima na clasificación xeral final. Este posto correspondeuse tamén co de cuarto mellor ciclista español na carreira cántabra, que estivo dominada polos corredores rusos do Lokomotiv, acaparadores das tres prazas do podio.

 

374bicirutasAs Bici Rutas Vigo 2011 celebran o domingo a súa terceira e última xornada baixo a organización do Club Ciclista Vigués-Autronic. Nesta ocasión a excursión ciclista sairá, como é habitual, do Paseo Montero Ríos no Náutico para discorrer paralela á costa, nun itinerario que chegará ata o Parque dá Riouxa e regreso de novo ao punto de partida.

 

niv-libnerO Autronic - Club Ciclista Vigués decidiu a composición do equipo que presentará na Volta Ciclista a Lugo, carreira que se disputa en tres etapas de venres a domingo e que reunirá unha destacada representación do ciclismo amater internacional, con equipos de España, Portugal e Rusia.