Colaboradores

Logotipo Club Ciclista Vigués
Club Ciclista Vigués
Presidente:  José Carlos Vidal Otero
Oficina:  R/Aragón, 236 - 1º C 36207 Vigo
Telefono:  658 969 640
Email:  ccvigues@yahoo.es

rutaSamil e Casco Lanuxe, con saída e chegada ao Náutico. O próximo domingo celébrase a segunda xornada do programa Bici Rutas Vigo 2011, con saída ás dez e media da mañá dende o Náutico. Esta vez o percorrido presenta un itinerario moito máis urbano que o da primeira xornada, con visita ao Parque de Castrelos, para continuar posteriormente ata Samil e rematar de novo no Naútico, despois de percorrer o Casco Lanuxe da cidade.

 

374yoavO ciclista do Autronic - Club Ciclista Vigués Yoav Bear logrou un excelente décimo posto na clasificación final da Volta á Coruña. O ciclista israelí deixou constancia da súa calidade despois de tres días de competición fronte a rivais de gran nivel e moita experiencia.

 

374yoavO Autronic-Club Ciclista Vigués decidiu o equipo que presentará na Volta á Coruña, carreira que se disputa esta fin de semana, en tres etapas, de venres a domingo. Estará composto por: Luis Mariño, Yoav Bear, Cristóbal Dios, Diego Puertas, Eloy Bravo, Valentín Rodríguez e Óscar Boente.

 

rutaO Club Ciclista Vigués - Autronic celebrará as Bici Rutas Vigo 2011 en tres xornadas, os días 29 de maio e 5 e 12 de xuño. Trátase de tres paseos en bicicleta para gozar do exercicio ao aire libre, da propia cidade e as súas magníficas inmediacións.

 

374boiro 023O ciclista do Autronic-C. C. Vigués Iván Roade conseguiu a segunda posición no Grande Premio Deputación de Pontevedra, disputado sobre 84 quilómetros en O Rosal. Roade só se viu superado na liña de meta por Sánchez, do Spol-Nova Caixa Galicia.

 

374porto mundial2O equipo Autronic-Club Ciclista Vigués inicia a tempada esta fin de semana en Zamora. O sábado disputará o tradicional Trofeo Iberdrola, con saída e chegada á localidade de Poblado de Esla, e o domingo estará na saída do Trofeo Inauguración da capital zamorana.

 

A empresa Autronic convértese no principal patrocinador do Club Ciclista Vigués en 2011. A sinatura de comunicacións, tras varias tempadas como segundo patrocinador, cobrará o protagonismo principal no maillot oficial dos equipos do histórico club na nova campaña.

 

374chint-autronic-cc vigues1O galego partía, a priori, en desvantaxe ante ciclistas que destacaron máis na tempada nacional júnior, de equipos como o Fenavín de Ciudad Real ou o Isidoro San Xusto de Santander.

 
tino00Os equipos do Chint-Autronic obtiveron catro novas vitorias esta fin de semana nas categorías junior masculina, infantil masculina e feminina e principiante feminina, no XI Gran Premio de Cambre, na Coruña.

 

niv-libnerO ciclista Iago Medín, pertencente ao equipo Chint - Autronic, conseguiu un excelente cuarto posto na clasificación xeral final da Volta a Segovia, co mesmo tempo que obtivo o segundo clasificado, Ión Pardo, do equipo Seguros Bilbao; e a só trece segundos do vencedor, Raúl Alarcón, do equipo levantino Guerola. Este ciclista está nestes momentos á fronte do ranking da Federación Española en categoría elite.

 

equipo-elite-sub23O equipo Chint - Autronic ten por diante outra intensa semana. O primeiro equipo do club vigués prepárase para tomar parte na Volta a Galicia, que comeza o xoves cunha etapa en Santiago de Compostela. O seu director deportivo, Javier Fernández, convocou para esta carreira os seguintes corredores: Sergio Míguez, Iago Medín, Manuel Parada, Luís Mariño, Hugo González, Pablo Sanz e Niv Libner.

 

podio3primerosO flamante fichaxe do equipo Chint - Autronic, o israelí Niv Libner adxudicouse a corenta e cinco edición da Volta Ciclista Vigo - Baixo Miño - Val Miñor, adiantando na meta, instalada en Fragoselo -Coruxo, en 6 segundos a Diego Maroño, do equipo Renault Caeiro-Cambre; e en 31 a Pedro Macía, do Cidade de Lugo. A carreira, unha clásica do calendario galego, disputouse sobre 130 quilómetros polas estradas do sur da provincia de Pontevedra.

 

O domingo dispútase a Volta Ciclista Vigo - Baixo Miño-Val Miñor, unha das carreiras históricas da provincia de Pontevedra, porque ás súas últimas corenta e cinco edicións engade outras anteriores que se remontan ás orixes do ciclismo en Galicia.

 

webdip.po.junior-rosal-151O Chint-Autronic causou unha moi boa impresión na súa primeira competición da tempada con profesionais, durante a disputa do Memorial Bruno Neves celebrado en Portugal.

 

equipo-elite-sub23O equipo Chint-Autronic medirase este domingo en Portugal ao pelotón profesional do país veciño, durante a disputa do Memorial Bruno Neves. A principal novidade do equipo vigués será a participación da súa última fichaxe, o israelí Libner Niv.

 

374vigo_atl_2009eliteO Criterium Vigo Atlántico-Caixanova pon en marcha mañá sábado o calendario ciclista 2010 en Galicia, dentro da modalidade de estrada. A proba celebrarase na céntrica avenida de García Barbón a partir das tres da tarde con presenza de ciclistas das categorías elite, sub 23 e junior, en categoría masculina; e elite, júnior e cadete feminino.

 

xacobeo-017O pasado luns día 15 o Club Ciclista Vigués viaxou a Santiago de Compostela acompañando ao equipo ciclista profesional Xacobeo Galicia no seu acto de presentación da tempada 2010.

 

O equipo Chint - Autronic pechou o equipo co que afrontará a sua trinta e seis tempada consecutiva no calendario elite-sub 23 nacional. O equipo referencia na estrutura deportiva do Club Ciclista Vigués contará con catorce ciclistas para o calendario de estrada, máis outro na modalidade paralímpica.

 

En Elite sub/23 disputouse en Ribadumia a última das 4 probas que compoñen o Grande Premio Deputación de Pontevedra, na que conseguimos o 3º posto da clasificación xeral con Sergio Miguez.