Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Club de Loita San Ignacio
Club de Loita San Ignacio
Oficina:  R/Mimosa, 16-2º 36207 Vigo
Telefono:  667390750
Email:  ezasamoi@gmail.com

combateO pavillón municipal de Candeán, acolleu o sábado, a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, onde preto de 150 deportistas de 6 a 12 anos amosaron o seu talento. A Competición, con carácter lúdico-deportivo, congregou os mellores Clubs da zona sur de Galicia.

 

cartel candeanO pavillón municipal de Candeán, en Vigo, acollerá mañá sábado a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, dende as 10:30 ata as 12:30 horas. A competición, con carácter lúdico-deportivo, congregará os mellores Clubs da zona sur de Galicia.

 

ignacio pontevedraPontevedra acolleu os Campionatos de España de Loitas Olímpicas nas categorías júnior e escolar durante a pasada fin de semana. O Club de Loita San Ignacio, adherido ao programa Siareiros base de VIDE, sumou tres medallas da man de Mario, terceiro posto en greco escolar, Iván Alonso, terceiro posto en greco júnior e Xela, segundo posto en júnior feminino.

 

san ignacioO Club de Loita San Ignacio, adherido ao programa Siareiros base de VIDE, obtivo o título autonómico escolar e júnior en categoría feminina a pasada fin de semana en Santiago de Compostela. O equipo que dirixe Eladio Bello e Ángeles Álvarez, conquistaran previamente o campionato cadete e sénior. Manel Fernández, como máximo responsable do Deporte vigués, mostrouse satisfeito con estes novos triunfos do San Ignacio, que confirma a súa traxectoria ascendente.

 

san ignacio nacional cadete senior feb 16O Club de Loita San Ignacio participou con doce loitadores no Campionato de España de loitas olímpicas sénior e cadete celebrado a pasada fin de semana na localidade murciana de San Javier. Seis medallas é o balance final do seu brillante paso polo Nacional. Destacar a actuación de Rafael Álvarez, campión en 69 kg cadete, e Cristina Rodríguez, que quedou en segunda posición en cadete 70 kg (perdendo coa subcampiona de Europa).

 

San Ignacio Vila de CrucesO Club San Ignacio de loita brillou no Campionato Galego de loita olímpica que tivo lugar na localidade pontevedresa de Vila de Cruces a pasada fin de semana. Dous campionatos autonómicos e un subcampionato foi o balance obtido polo club adherido ao programa Siareiros de VIDE.

 

loita dec 2015O sábado 19 de decembro, de 10.30 h a 13.30 h, o Club San Ignacio realizará o 3º Torneo de Nadal Interno San Ignacio de loita, no pavillón de Teis. O programa consistirá nun quentamento xeral por categorías de pequenos, medianos e grandes, a continuación técnicas de loita coas súas puntuacións e para rematar un campionato interno do club cunha duración de dúas horas.

 

loita clausuraEste sábado, no pavillón de Travesas, tivo lugar a clausura de escolas deportivas de judo, taekwondo, karate e loita olímpica. En loitas olímpicas, participaró o Club de Loita San Ignacio e o Club de Loita Cidade de Vigo, dirixidos na exhibición por Ángeles Álvarez do Club San Ignacio.

 

san ignacio abril 2015A viguesa, Sara Viéitez, do Club de Loita San Ignacio, colgouse a medalla de ouro na Copa de España de Luchas Olímpicas e Grappling na categoría de 48 quilos, celebrada en Madrid a pasada fin de semana.

 

20150318 san ignacioGalicia proclamouse campioa feminina senior e cadete, e en loita libre masculina en categoría cadete, no Campionato de España de loita por autonomías, celebrado a pasada fin de semana en Madrid. Ademais, a selección galega levou o bronce en loita grecorromana cadete, e en loita libre olímpica sénior, e foi oitava en loita grecorromana sénior. O Club de Loita San Ignacio achegou 13 loitadores de 50 do total da selección galega.

 

ignacio 2015O pasado sábado, no pavillón Estadio da Xuventude, en Pontevedra, sobre 3 tapices de competición, realizouse o Campionato Galego sendo clasificatorio para o Campionato de España, que se celebrará o 14 de marzo en Madrid. Os resultados por clubs están a demostrar que o norte de Galicia a superado a loita de Vigo con creces (Vigo foi durante anos o eixe, agora toca remontar e aumentar os loitadores nos clubs vigueses), sendo os máis importantes de Vigo o Kuzushi, Cidade de Vigo e San Ignacio.

 

34_loita_san_ignacioO Club de Loita San Ignacio celebrou, o pasado sábado no pavillón de Teis, o seu peche de fin de tempada coa festa do 34 aniversario da entidade deportiva viguesa. Os clubs de Vigo non se quixeron perder a evento, participando no mesmo, a pesar da calor sufocante para os deportistas. 2 tapices de 10 por 10 metros, foi o escenario do Trofeo.

 

san_ignacioO pasado sábado tivo lugar a II Festa dos Deportes de Combate – Concello de Vigo no pavillón de Travesas. O aclalde, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, apoiaron esta festa do deporte vigués coa súa presenza.

 

loitaO Club San Ignacio, antes de rematar tempada en xuño, está a facer cursos de loita olímpica entre os novos valores do club. Diego Villanueva, árbitro internacional de Vigo, colaborou co club vigués despois de arbitrar no Campionato de Europa cadete.

 

O Club de Loita Cidade de Vigo logrou un excelente resultado na liga base de loitas olímpicas, ao quedar en segunda posición a pasada fin de semana en Porriño. O equipo vencedor foi o Escola Axude, de Melide. O tamén club vigués San Ignacio rematou en cuarta posición.

 

manuel_rocaO Club San Ignacio, antes de rematar a tempada en xuño, está a facer cursos de loita olímpica entre os novos valores da entidade. Na tarde de onte, Manuel Roca, exselecionador galego e nacional de loita grecorromana  -actualmente en car Barcelona-, quixo compartir un adestramento club vigués, no pavillón de Teis, na especialidade de loita grecorromana.

 

manel_caballero_san_ignacioOnte, o  alcalde, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron e felicitaron ao club vigués de loita San Ignacio, que ven de proclamarse no mes de marzo campión de España en categoría senior feminina e subcampión junior, en Madrid. Caballero solicitoulles que as sete deportistas ofrezan no verán unha exhibición no centro da cidade.

 

loita_san_ignacioO equipo feminino senior do Club de Loita San Ignacio, logrou o Campionato de España de loita o pasado 15 de marzo en Madrid. Con Elaido como adestrador, as loitadoras que se alzaron co galardon foron:  Sara Vieitez, Teresa López, Andrea López, Sara Lago, Verónica Pérez, Marta Rey e Laura Covelo.

 

ignacioTres ouros, sete pratas e un bronce é o balance das seleccións galegas masculina e feminina de loitas olímpicas en categoría infantil e junior no Campionato de España celebrado en Madrid a pasada fin de semana. Por clubs, o Club de Loita Cidade de Vigo quedou sétimo e o Club de Loita San Ignacio, décimo. Na foto, os compoñentes do Club San Ignacio: Ángeles (Delegada Selección), Rafa, Laura, Carlos, Eladio (seleccionador feminino), Alba, Sara Lago, Marta Rei e Andrea López.

 

IgnacioO Club Santo Ignacio de Vigo alzouse con dous primeiros postos, cadete e senior feminino, e unha terceira praza en senior masculino, o pasado sábado no Campionato galego de loitas olímpicas celebrado en Santiago de Compostela.