Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Club de Lucha Ciudad de Vigo
Presidente:  José Manuel Pérez Sousa
Oficina:  Camiño Quirós, 71 36214 Vigo
Telefono:  663689876
Email:  jmpsousa@hotmail.com

loita baseO Club de Loita Cidade de Vigo rematou en primeira posición na xornada final da Liga de Deporte Base de Loitas, celebrada a pasada fin de semana  nun abarrotado pavillón municipal de Vila de Cruces. un total de 250 deportistas, representaron os 14 mellores clubs Galegos participaron no evento. 

 

combateO pavillón municipal de Candeán, acolleu o sábado, a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, onde preto de 150 deportistas de 6 a 12 anos amosaron o seu talento. A Competición, con carácter lúdico-deportivo, congregou os mellores Clubs da zona sur de Galicia.

 

cartel candeanO pavillón municipal de Candeán, en Vigo, acollerá mañá sábado a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, dende as 10:30 ata as 12:30 horas. A competición, con carácter lúdico-deportivo, congregará os mellores Clubs da zona sur de Galicia.

 

Celebrouse o pasado sábado 28, na localidade de portuguesa de Braga, o Torneo Internacional ALAB Gran Slam de Braga, onde participou o club vigués entre varios equipos galegos e portugueses procedentes de Lisboa, Setubal, Oporto, e Braga.

 

O Club de Loita Cidade de Vigo foi o vencedor da segunda edición do Memorial de Loita, organizado polo club Cafés do Norte de Bilbao, que se celebrou o pasado 26 de setembro, no polideportivo o Fango de Rekalde, Bilbao. No Torneo, con participación nacional e internacional, formou parte a selección de Asturias, o club Anarako de Alava, a selección de Navarra, Castilla e León, Cafes do Norte e Munoa de Bilbao, Varon de Biver de Cataluña, Atitania, Clemon-Ferranz e Grenepelig de Francia e pola parte galega, o Club de Loita Ciudade de Vigo.

 

loita clausuraEste sábado, no pavillón de Travesas, tivo lugar a clausura de escolas deportivas de judo, taekwondo, karate e loita olímpica. En loitas olímpicas, participaró o Club de Loita San Ignacio e o Club de Loita Cidade de Vigo, dirixidos na exhibición por Ángeles Álvarez do Club San Ignacio.

 

O pasado 9 de maio, no pavillón municipal dos deportes Coto Ferreiro de A Estrada, celebrouse a xornada final da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas (Liga Xogade), onde participaron dez clubs de Galicia, fase norte e sur. O Club de Loita Cidade de Vigo, tras un excelente torneo, proclamouse campión de Galicia.

 

Os loitadores do Cidade de Vigo participaron o pasado 25 de abril, no pavillón municipal de Candeán, no XXV Trofeo Nacional Club de Loita Kuzushi cosechando un magnífico resultado. Dos catro loitadores que participaron, tres gañaron medallas de prata, Anxo Abad (prebenxamín masculino), Nur González (prebenxamín  feminino),  e Yuri Kitayev (júnior masculino) e o carto, un quinto posto, Saul González (escolar masculino). Por equipos obtiveron un cuarto posto.

 

A deportista viguesa, Cristina Alves, do Club de Loita Cidade de Vigo, foi convocada para participar coa selección española no Torneo Internacional Novas Promesas, o vindeiro 16 de maio en Murcia. Esta loitadora a parte de ser unha boa estudante, está a un nivel altísimo na competición.

 

A pasada fin de semana tivo lugar en Ourense a primeira xornada de liga base galega de loita olímpica, participando catro equipos de Vigo na competición, kuzushi, Castro, San Ignacio e Cidade de Vigo, pasando á final os clubs de Loita Cidade de Vigo e San Ignacio, que se medirán aos tres primeiros da xornada norte.

 

O Club de Loita Cidade de Vigo logrou un excelente resultado na liga base de loitas olímpicas, ao quedar en segunda posición a pasada fin de semana en Porriño. O equipo vencedor foi o Escola Axude, de Melide. O tamén club vigués San Ignacio rematou en cuarta posición.

 

O pasado 1 de marzo no pavillón do CAR de Madrid tivo lugar o Campionato de España de escolares e junior de loita onde os loitadores Club Cidade de Vigo obtiveron excelentes resultados:

 

O Cidade de Vigo de loita segue en sorte. Participou na terceira edición do Trofeo Deputación da Coruña, celebrado en Melide, conseguindo un excelente segundo posto. Este éxito únese aos conseguidos no que vai de ano: segundos en Burgos, segundos en Barakaldo, no Torneo Internacional, e segundos no Grand Sland de Braga. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao seu presidente, José Manuel Pérez Sousa, e a toda a familia do Cidade de Vigo polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte vigués.

 

A pasada fin de semana celebrouse na localidade lusa de Povo Martin (Braga), o Torneo Grand Slam de loita, no pavillón Mire de Tibaes. O Club de Loita Cidade de Vigo, co seu presidente á cabeza, José Manuel Fernández Sousa, desprazouse ao país veciño conseguindo, ao igual que en Bilbao fai duas semanas, o segundo posto no medalleiro.

 

A pasada fin de semana celebrouse na localidade vizcaina de Barakaldo o IV Torneo Internacional Cidade de Barakaldo de loita en homenaxe á olímpica Maider Undar. O club vigués Loita Cidade de Vigo participou no evento conseguindo catorce medallas, cinco de ouro, catro de prata e tres de bronce e dous cuartos postos. No medallero por equipos fíxose co segundo posto.

 

O loitadores do Club de Loita Cidade de Vigo viaxan esta fin de semana a terras vascas para participar no Torneo Internacional de Bilbao onde loitarán os dias 22, 23 e 24. Os vigueses enfrontaranse a equipos franceses, navarros, vizcainos, madrileños, victorianos e burgaleses.

 

Celebrouse en Alborote (Granada) os Campionatos de España de loita libre olímpica na categoría de júnior e escolar. Galicia conseguiu ambos os dous primeiros postos na loita por equipos.Lucía Comesaña e Finica Andrea, loitadoras do Cidade de Vigo, conseguiron coa seleción galega dúas medallas de bronce.  Despois de éxito obtido fai quince días, Cristina Alvés medalla de ouro en Murcia, agora está convocada coa selección española os días 27, 28, 29 e 30 deste mes nos Alcares no Car de Murcia.

 

O pasado 6 de Novembro celebrouse o Torneo Internacional de loitas olímpicas no pavilhao Gimnoesportivo de Tiraes, organizado pola Associaciao de lutas Amadoras de Braga (Portugal).

 

nvilaO Club de loita proclamouse vencedor do IV Trofeo Int. Club Cidade de Vigo, celebrado en Vigo o pasado día 9, conseguindo seis medallas de ouro, cinco de prata e tres de bronce.

 

O sábado 9 de outubro, de 9.30 h. a 14.00 h. na pista central do Pavillón de As Travesas, terá lugar unha nova edición do trofeo Cidade de Vigo de loita.