Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Club Flic Flac
Club Flic Flac
Presidente:  Jorge Augusto Méndez Lamas
Oficina:  R/ Xulián Estévez, 28-3ºB 36209 Vigo
Telefono:  625498595
Email:  info@clubflicflac.com

flic flac escolas abel manelOutra xornada de peche de escolas deportivas do programa municipal. As exhibicións de ‪‎ximnasia‬ ‪‎acrobática‬ do Flic Flac, nas Travesas, espectaculares. O alcalde de ‪‎Vigo‬, Abel Caballero, estivo acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e aplaudiu o excelente traballo do club de Jorge Méndez, que acadou quince medallas no Campionato de España hai uns días.

 

flic flac A pasada fin de semana celebrouse en Xirivella, Valencia, o décimo terceiro Campionato de España de ximnasia acrobática. O Flic Flac desprazou a corenta e oito ximnastas e cinco adestradores. Tras tres maratonianas xornadas competitivas e tendo en conta as doce horas previstas de autobús, os ximnastas do club vigués obtiveron a friolera de quince medallas, once individuais e catro por clubs (sumando as tres mellores notas de cada categoría).

 

flic flacO próximo sábado 19, a partir das 17 h, celebrarase na pista central do pavillón de Travesas, o décimo festival de Nadal que organiza o Club Flic Flac de ximnasia acrobática. O evento, incluído dentro do programa municipal da concellaría de deportes: "Gañamos tod@s". 

 

flic flacO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, firmou onte un convenio para que o Club Flic Flac, de ximnasia acrobática, poida facer unhas xornadas técnicas esta fin de semana no pavillón da ETEA.

 

O Club Flic Flac encontrase en Riesa (Alemaña) para participar na 8ª edición do Campionato Europeo de Ximnasia Acrobática. O evento que estase a disputar dende onte ata o 28 de setembro, converténdose no seu cuarto europeo consecutivo dende o ano 2009, e na sexta participación do club vestindo a equipación española no campionato.

 

clausura flic flacEste sábado, a partir das 18.30 e ata as 20.30 h, na pista central do pavillón de Travesas, o Club Flic Flac celebrará a súa tradicional gala de fin de curso. O evento, pertencente ao proxecto municipal das escolas deportivas, albergará máis de cento vinte nenos e nenas dende os 3 aos 18 anos de idade que, sen lugar a dúbidas, darán boa mostra do traballo realizado toda a tempada.

 

flic flacA pasada fin de semana celebrouse no pavillón municipal de A Raña, en Marín o XI edición do Campionato de España de ximnasia acrobática. O club Flic Flac participaba con 41 ximnastas repartidos dende as categorías alevín a senior. O resultado foi de 15 medallas individuais e catro trofeos por equipos. Un dos mellores reslutados da historia do club vigués.

 

20150415 flic flacAbel Caballero, alcalde de Vigo, e Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes,  mantiveron onte un encontro coa ximnasta e responsables do club Flic Flac e comunicaronlles o apoio do Concello de Vigo ás iniciativas que impulse a entidade.

 

20150408 flicflacO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo onte no seu despacho unha reunión de traballo co presidente e técnico do club de ximnasia Flic Flac, Jorge Méndez.

 

20150311 flic flacO Club Flic Flac logrou brillantes resultados na XIX edición do Maia Internacional Acro Cup, unha competición que se disputou en Portugal á que asistiron 254 deportistas de 16 países. O equipo vigués presentou 17 ximnastas e logrou tres medllas.

 

O Club Flic Flac conseguiu nove medallas na Copa de España de ximnasia acrobática, celebrada a pasada fin de semana en Marín. O club vigués acudiu ao campionato con 36 representantes. Subiron ao podio: Miguel Romero, Celia Saavedra, Luiz Amaral, Andrea Verísimo, Paula Lago, María Fernández, Candea Monterde, Genma Cabaleiro, Belén Gómez e Iria Paz.

 

flic_flac_parisEsta fin de semana celebrouse en París o Campionato do Mundo por idades de Ximnasia Acrobática. A selección española contou con dez representantes galegos entre os 26 ximnastas convocados. Oito deles, do Club Flic Flac de Vigo: Luiz Amaral, Andrea Verísimo, Candea Monterde, Desiree Vila, María Fernández, Belén Gómez, Nerea Otero e Iria Paz. O Club Burgas de Ourense foi representado por Sara Blanco e Yolanda García.

 

cartel_flic_flacEste sábado 10 de maio, o Club Flic Flac a cargo da empresa MAIS COCIÑA, celebra no Pavillón do Berbés de Vigo o II Torneo Mas Cocina, onde participarán ademais clubs de Orense e Pontevedra. É a máxima participación do Club Flic Flac nun torneo esta tempada, xa que todos os equipos, mesmo os máis pequenos competirán.

 

Valencia é sede esta fin de semana da concentración da selección española de ximnasia acrobática. Nela, once ximnastas do Club Flic Flac de Vigo xogan o visto bo do seleccionador Pablo Hinojar e, polo tanto, a súa participación no Mundial de París o próximo mes de xullo.

 

flic_flacO Club Flic Flac de Vigo participou na VII Copa Galicia e Campionato galego de Ximnasia Acrobática a pasada fin de semana. O resultado dos seus 33 ximnastas foi moi positivo e todos eles demostraron unha vez máis o nivel da ximnasia acrobática viguesa.

 

flicflac_maiaEsta fin de semana as ximnastas, adestradores e xuíz do Club Flic Flac de Vigo desprazáronse ata a cidade de Maia para competir no "Maia International Acro Cup", un dos eventos máis destacados da ximnasia acrobática a nivel mundial, xa que é paralelamente unha copa do mundo. A competición foi a máis numerosa ata o día de hoxe e reuniu centos de participantes de 17 países, entre eles campións de Europa.

 

Por primeira vez, once dos ximnastas do club Flic Flac de Vigo, competirán no Maia International Acro Cup, unha das citas máis importantes de cada ano nesta disciplina, xa que se celebra conxuntamente cunha Copa do Mundo da FIG (Federación Internacional de Ximnasia). Un total de 17 países entre os que destacan EEUU, Bélxica e Inglaterra competirán esta fin de semana na cidade de Maia.

 

flicflacA pasada fin de semana celebrouse en Odivelas - Lisboa, o VII Campionato de Europa por idades de ximnasia acrobática. O club vigués, que participaba con dous tríos femininos, tivo un grande papel, tanto en categoría 11-16 como en 12-18 anos. Paula Lago, Belén Gómez e Naiara Díaz, impresionaban ao multiúsos de Odivelas cun exercicio de equilibrio repleto de forza e paixón.

 

flic_flac_13Seis ximnastas, dous adestradores e un xuíz son os vigueses que representarán a España no europeo de acrobática que se vai celebrar en Lisboa, esta fin de semana. Aine Márquez, Nerea Otero, Iria Paz na categoría 12-18 e Paula Lago, Belén Gómez, Naiara Díaz en 11-16 serán as ximnastas participantes.

 

torneo_flic_flacO trío vigués formado por Valentina Durán, Alexandra González e Andrea Verísimo, do Club Flic Flac de ximnasia acrobática, obtiveron un meritorio ouro na categoría cadete, sendúbida, a máis espectacular do torneo Go Madrid celebrado a pasada fin de semana. Participaron perto de sesenta ximnastas de Cáceres, Granada, Madrid, Valencia e Vigo.