Colaboradores

Logotipo Club Flic Flac
Club Flic Flac
Presidente:  Jorge Augusto Méndez Lamas
Oficina:  R/ Xulián Estévez, 28-3ºB 36209 Vigo
Telefono:  625498595
Email:  info@clubflicflac.com

flic_flacEste sábado vaise celebrar no pavillón das Travesas o 10º Campionato Galego de ximnasia acrobática. A competición escolar comezará ás 15 h para dar paso, ás 16 h á federada. Participarán os clubs Ximnasia Pontevedra, Treboada de Pontevedra, Burgas de Ourense e Flic Flac de Vigo.

 

Flic_Flac_2013Este sábado celebrouse, nas instalacións do pavillón municipal do Berbés, a clausura das Escolas Deportivas do Club Flic Flac. Cun grande cheo na bancada, os nenos e nenas dos diferentes grupos de escolas e equipos de competición, deleitaron aos presentes coas súas espectaculares acrobacias e divertidas actuacións.

 
Mañá sábado, a partir das 18.30 h. no pavillón municipal do Berbés tendrá lugar a Grande Gala Acrobática para celebrar a clausura das escolas deportivas do Flic Flac.  A entrada é gratuíta e realizaranse moitos sorteos de espectaculares regalos.

 

flic_flac_2013Esta fin de semana celebrarase en Zaragoza o 9º Campionato de España de ximnasia acrobática. Será a 8ª vez que o Club Flic Flac participe nun nacional. Esta vez ten de especial que o equipo é moi novo e o máis novo da historia do club vigués. O Flic Flac desprazará 25 ximnastas, 4 nenos e 21 nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

 
desfileO Flic Flac cumpriu de forma fenomenal na súa participación na sexta edición dos Xogos Europeos xuvenís de ximnasia acrobática, que se disputaron esta fin de semana en Varna (Bulgaria).

 
flic1Cinco ximnastas do Club Flic Flac coa súa adestradora atópanse dende este xoves en Varna (Bulgaria) para disputar os Xogos Europeos por idades de ximnasia acrobática.