Colaboradores

Logotipo Escuelas Deportivas VIGO2015
Escuelas Deportivas VIGO2015
Presidente:  Francisco Javier Fernández Pérez
Oficina:  R/Cangas, 1-10ºB 36209 Vigo
Telefono:  886138535
Email:  ffvigo@hotmail.com

Hoxe mercores, ás 20 horas no Pavillón do Berbés de Vigo o conxunto de División de honra Xacobeo Lobelle de Santiago dará un clinic que será impartido polo adestrador de Primeira Nacional Mon, a unha selección de xogadores cadetes e infantís do E.D. Vigo 2015. Despois de ir a Santiago varios xogadores do club agora son os técnicos compostelanos os que se desprazan a Vigo.

 

vigo2015campoImportante vitoria a conseguida esta fin de semana no primeiro encontro de ida da fase de ascenso á Liga Galega de Infantís onde o equipo do Vigo 2015 chegou a estar no descanso do partido cun parcial de 0-3.

 

vigo2015campoEste sábado os equipos do ED Vigo 2015 na súas categorías benxamín e alevín desprazaranse a Coruña para disputar o Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala.

 

vigo2015marzo2011gradaFenomenal pódese cualificar a tempada por todos os equipos de fútbol sala de todas as categorías do E.D. Vigo 2015. Nas ligas galegas, o equipo cadete na súa primeira participación nesta competición proclamouse esta fin de semana SUBCAMPIÓN GALEGO da categoría deixando por diante unicamente ao Azkar Lugo.

 

Coa vitoria por 2-6 ante o Coutada Beade e a vitoria a domicilio do Azkar de Lugo ante o Liceo Coruña (1-2) prodúcese un triplo empate a 6 puntos na cabeza da clasificación entre E.D.VIGO2015, Azkar Lugo e Liceo Coruña.

 

vigo2015marzo2011gradaDifícil e traballada foi a vitoria do E.D. Vigo 2015 no primeiro partido de play off por o título galego de fútbol sala.

 

inf.liga-gallegaEste domingo no pavillón central das travesas terá lugar o dobre enfrontamento entre as dúas de mellores canteiras galegas de fútbol sala, E.D. Vigo 2015 e Azkar Lugo.

 

escolasbabyPrograma municipal de escolas deportivas.
Fútbol Sala babys, de 4 a 6 anos.
Pavillón de Balaídos
Venres de 18.00 h. a 19.00 h.
Preparador técnico: Adilsson Augusto
ED Vigo 2015
Máis información en www.edvigo2015.com

 

vigo2015campoO E.D. Vigo 2015 venceu o pasado sábado no pavillón das Roteas ao IES Corujo en partido correspondente á liga galega de fútbol sala no derbi local por 2-4.

 

Un ano máis o Vigo 2015- Azkar de Lugo marca o play off ao título galego e será o primeiro partido do play off a catro, ante o equipo lucense na nosa cidade o día 20 de marzo, o segundo partido será ante o Liceo Coruña tamén en Vigo e o terceiro ante o Coutada.

 

vigo2010mayo2010O equipo infantil de liga galega venceu no Pavillón do Berbés por 6-0 ante o Bueu no penúltimo partido da liga regular da Autonómica Sur, ao descanso do partido chegouse co resultado de 1-0, xa na 2ª parte os de Fabio realizaron unha presión asfixiante aos de Morrazo que deu os seus froitos.

 

futbol11pretemporadawebImportante vitoria dos vigueses na liga galega ante un das revelacións da competición, o Barval de O Barco de Valdeorras.

 

vigo2010mayo2010O E.D. Vigo 2015 recibe este sábado ás 18:00 horas, na pista vermella do IMD Travesas, ao Barval F.S. de O Barco de Valdeorras co fin de acurtar a diferenza de 5 puntos entre ambos os dous equipos, na que será a xornada número 14 da Liga Galega de Fútbol Sala de cadetes.

 

futbol11pretemporadawebUn ano máis o E.D. Vigo 2015 foi invitado polo Azkar Lugo a participar no Torneo Internacional de Fútbol Sala máis importante do mundo en categorías base que se disputará os días 2,3 e 4 deste mes de xaneiro.

 

ramiroO técnico internacional vigués, Ramiro López, atópase na nosa cidade colaborando coas escolas deportivas Vigo 2015. A pasada campaña Ramiro López foi nomeado o mellor adestrador da Liga Italiana de Fútbol Sala, conseguindo ademais o subcampionato de Liga Calcio A5 e quedando campión do Scudetto, a Copa de Italia co Marca Fútsal.

 

fcb2010vigo2015Excelente papel do equipo alevín de fútbol 7 do E.D. Vigo 2015 no Torneo Joan Gamper organizado polo F.C. Barcelona ao quedar clasificado en 4º lugar. No 4º ano consecutivo que participa grazas ao convenio de colaboración co F.C. Barcelona e a Pena Barca Tui.

 

En próximos días pecharase o prazo de inscripcion para o III Campus de Fútbol Sala e Fútbol 7 que celebraremos do 26 ao 30 de xullo nas instalacións Deportivas da Universidade de Vigo CUVI.

 

Grande actuación dos equipos E.D.VIGO2015 no II Torneo Nacional Cidade de Toledo, o equipo alevín finalizou o torneo como 3º clasificado despois de empatar a puntos co Don Benito e non pasar á final por coeficiente de goles.

 

vigo2010mayo2010Se primeiro foi o equipo infantil, esta fin de semana foi o equipo alevín o que conseguiu o subcampionato galego de fútbol sala celebrado en O Carballiño.

 

Esta fin de semana foi redonda para os equipos de fútbol sala das Escolas Deportivas VIGO2015, o sábado o infantil B proclamouse campión provincial ao vencer ao Colexio Cluny por 12 goles a 1, agora disputará o Campionato Galego o día 23 de Maio ante o campión de Orense o IES Trives.