Colaboradores

Logotipo Escuelas Deportivas VIGO2015
Escuelas Deportivas VIGO2015
Presidente:  Francisco Javier Fernández Pérez
Oficina:  R/Cangas, 1-10ºB 36209 Vigo
Telefono:  886138535
Email:  ffvigo@hotmail.com

infantil bEsta fin de semana dous dos equipos das Escolas Deportivas VIGO2015 xogarán as súas respectivas finais provinciais. En categoría infantil, o equipo filial E.D.VIGO2015 "B" xogará a final ante o Colexio Cluny unha dos rivais máis potentes, o partido será no pavillón do Berbes ás 12 da mañá do sábado, o campión disputará a Fase Galega o día 23 de maio en Carballiño.

 

inf.liga-gallegaOs equipos do E.D.VIGO2015 coparán esta fin de semana as fases de fútbol sala, os alevín xogasen a final este domingo ás 12 da mañá en Travesas-Frontón contra o R.C. Náutico, o campión xogará a Final Provincial que dá dereito ao Campionato Galego de Fútbol Sala.

 

 

futbol11pretemporadawebFútbol. Infantil -- -Finalizou 3º en Primeira Autonómica e xogará a Fase de Ascenso a Liga Galega. En alevín, vai líder empatado co Santa Marina e ascende a Primeira División. En benxamín, vai de 6 en liga e mantén a categoría que era o obxectivo.

 

Despois da vitoria a domicilio este fin de semana ante o equipo do Cidade de Narón, o E.D.VIGO2015 quedou subcampión galego de fútbol sala, a pesar de perder un solo partido en toda a tempada, isto valeulle ao conxunto lucense do AZKAR para proclamarse campión galego. Gran campionato o realizado polo Vigo no seu primeiro ano na liga galega de fútbol sala, gran traballo tamén o do adestrador brasileiro Fabio e o de todos os seus rapaces onde ata o último partido de liga tiveron opcións de ser campións.

 

Gran partido o vivido no Pavillón do Prone de Lugo, o cal se abarrotou para presenciar lugar o choque máis esperado do campionato, ambos os dous equipos no máis alto da clasificación desta liga galega de fútbol sala.

 

Este sábado ás 18 horas nas Instalacións Centro Deportivo Terra de Lugo terá lugar o partido AZKAR LUGO-E.D.VIGO2015 onde ambos os dous equipos se xogan o titulo de liga, xa que a falta de 3 xornadas para o final da liga marchan empatados a puntos no máis alto da clasificación (o Azkar cun partido menos), polo que tanto para un coma para outro equipo só vale a vitoria.

 

Con esta victoría o equipo do VIGO2015 segue liderando a Liga Galega de fútbol sala de infantís. Nun grande partido ante o conjuto ferrolano de O Parrulo os vigueses deixaron demostrado que son un dos mellores conxuntos do campionato. O encontro celebrouse o domingo ás 12 da mañá no pavillón de A Malata.

 

Este domingo ás 12 da mañá o E.D.VIGO2015 enfrontarase na xornada nº14 ao equipo ferrolano do O Parrulo. Nun encontro onde os vigueses chegan no máis alto da clasificación empatados a puntos co Azkar de Lugo, o cal enfrontarase esta xornada ao Casas de Lugo nun do local onde se pode dar calquera resultado.

 

O E.D. Vigo 2015 segue lider da clasificacion despues da súa vitoria a domicilio ante o C.P.Casas de Lugo por 4-8 nun duro partido ante un rival que practica un bo fútbol Sala. Os vigueses ao descanso chegaron cunha diferenza ao seu favor de 3-5.

 

No seu primeiro ano na Liga Galega de fútbol sala, o E.D.VIGO2015 está a romper todas as estadisticas, despois da vitoria por 9-1 esta fin de semana ante o Burela, un histórico do fútbol sala galego, o equipo vigués lidera a mesma, en segunda posición atopa o AZKAR LUGO, campión galego nos últimos anos.

O partido desta fin de semana xa empezou a notar a man do adestrador brasileiro Fabio Athayme que está a impoñer o seu propio estilo de xogo, e xa deu os seus froitos, a primeira parte acabou con vitoria viguesa por 4-1, ante un Burela cunha boa formulación táctica defensiva. Polo E.D.VIGO2015 xogaron Alberto Fernández, Samu, Nacho, Jandro e Huarte-cinco inicial-Kike, Adrián, Alex e Brais. O equipo contou coas baixas de Marco e Xian, lesionados. A próxima semana o equipo vigués desprazarase a Lugo para xogar contra o Casas.

Catro xogadores á selección galega

A grande tempada que está a realizar o E.D.VIGO2015 non pasa tampouco inadvertida para o seleccionador galego Iván García, que convocou a 4 xogadores para a concentración deste xoves en Santiago de cara ao Campionato de España que terá lugar en Málaga, trátase do porteiro Alberto e os xogadores de campo Samuel, Marco e Nacho.

 

O seleccionador galego, Ivan García, convocou a 3 xogadores do E.D.VIGO2015 para o adestramento que terá lugar mañá martes ás 16:45 horas no Pavillón de Restollal en Santiago de Compostela, de cara ao Campionato de España de Selecciones Autonómicas que este ano terá lugar en Málaga.

 

Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 viaxou a Viana do Birlo para disputar o primeiro partido da 2º volta da Liga galega de infantís.

 

Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 viaxa a Viana do Bolo para disputar o primeiro partido da 2º volta da Liga galega de infantís, onde marcha empatado a puntos na primeira posición co AZKAR LUGO. O partido disputarase ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Viana do Birlo ante o equipo valdeorres de Barval, debido a que en elPabellon de Calabagueiros en O Barco se celebra a tradicional festa do botillo.

 

vigo201520.1.10Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 venceu por 7-2 ao Cidade de Narón equipo que ía 3º clasificado na liga galega de fútbol sala no partido disputado no Pavillón Central de As Travesas, debido á condensación do Pavillón de Teis. Con esta vitoria os vigueses colócanse lideres empatados a puntos co Azkar Lugo, equipo que leva un partido menos, ao termo da primeira volta.

 

Este sábado ás 20 horas disputarase no Pavillón Muncipal de Teis o partido entre o E.D.VIGO2015 e o Concello de Narón, segundo e terceiro clasificado na Liga Galega de fútbol sala de infantís, na penúltima xornada da primeira volta. Os vigueses queren gañar para seguir pisandole os talóns ao Azkar Lugo primeiro clasificado a 3 puntos do E.D.VIGO2015 e seguir premendo os lucenses á espera dun fallo destes.

 

vigo20158.1.10Gran partido o realizado polo E.D.VIGO2015 ante o O Parrulo de O Ferrol en partido aprazado da Liga Galega de Infantís de fútbol sala, ante un bo rival que practica un bo fútbol sala, pero a superioridade física dos vigueses foi determinante. O mister Fabio rotou a todos os xogadores durante todo o partido debido á súa intensidade.

 

2fase-dom2A falta dun partido para a finalización da primeira fase, o E.D.VIGO2015 é o primeiro semifinalista despois de vencer nos 2 primeiros partidos. O primeiro ao O Parrulo de O Ferrol por 3-2 e o segundo partido ao Mare Nostrum de la Coruña por 5-3 despois de empezar perdendo por 0-2. O último partido de grupo será ante o Troula que leva 0 puntos no Grupo. Haberá que esperar aos cruzamentos para ver o rival, un dos favoritos é o Azkar Lugo que lidera o primeiro grupo.

 

Grande partido o realizado polo equipo. A primeira parte finalizou con vitoria 4-1 a pesar de que os lucenses se puxeron por diante no resultado, pero os homes de Fabio se refixeron e pouco a pouco foron aumentando a vantaxe no marcador.

 

E.D.VIGO2015-AZKAR LUGO(4-6)

Gran partido o vivido no Pavillón de As Traviesas (Pista Vermella) o cal abarrotouse para presenciar lugar o choque máis esperado do campionato, E.D.VIGO2015- AZKAR LUGO, ambos os dous equipos marchaban imbatidos no máis alto da clasificación desta liga galega de fútbol sala. Os vigueses no seu primeiro ano de participación están a realizar unha inmellorable campaña contando como vitorias todos os partidos disputados. Para este partido o mister Fabio Athaymade puido contar coa totalidade do equipo xa que con respecto a ocasións anteriores recuperou a Samuel.

O encontro contou coa presenza do seleccionador galego de infantís que aproveitará para ver as evolucións de xogadores de ambos os dous equipos que confeccionan o seleccionado, 3 por parte do E.D.VIGO2015.

No plano deportivo o partido tivo dúas partes ben diferenciadas, a primeira de completo dominio do Azkar Lugo chegándose ao descanso co resultado de 1-5, na segunda parte o mister Fabio cambiou de defensa pasando dunha zona a unha defensa ao home e o dominio cambiou de bando nesta ocasión para o Vigo que finalmente pechou o marcador cun 4-6, que deixa a liga aberta para calquera dos dous conxuntos que demostraron nun grande partido que son os dous mellores equipos galegos.

 

torneo08As mellores canteiras do fútbol sala español visitarán Lugo con motivo da celebración do VIII Torneo de fútbol sala de base “Cidade de Lugo” que organiza a Fundación Azkar e que se disputará do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro. Este ano seguen acudindo equipos da talla do Playas de Castellón, Marfil Santa Coloma, O Parrulo de Ferrol e Burela FS, entre outros, e a gran novidade será a de que o FC Barcelona con dous equipos tamén confirmou a súa asistencia.