Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O hóckey a patíns tamén pechou o curso deportivo 2015/16 esta fin de semana dentro do programa municipal de escolas deportivas. O sábado, no pavillón do Carme, no complexo das Travesas, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e edil de Deportes, Manel Fernández, entregaron os diplomas e agasallos aos xogadores e xogadoras do Traviesas Hockey Club.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O club vigués Traviesas HC conquistou a 37ª edición do prestixioso Torneo Internacional de hóckey a patíns, celebrado a pasada fin de semana, na localidade francesa de Tourcoing. Os vigueses xogaron unha intensa final fronte ao equipo anfitrión, cun abarrotado pavillón, nun partido moi igualado que finalmente se decantou pola escuadra olívica.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O club vigués pechou o pasado sábado a tempada, na OK Liga feminina de Hóckey a Patíns, cunha derrota fronte ao Hostelcur Gijón na súa pista (7-0). As de Quique Urdiales non sumaron un só punto en toda a campaña, na que marcaron cinco tantos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Traviesas HC caeu esta fin de semana na casa na súa dobre cita coa OK Liga Feminina de hóckey a patíns. O sábado facíao co CP Vilanova por 1-9, en partido correspondente á vixésimo cuarta xornada. Onte, no seu último encontro da Liga na casa, perdía co Sant Cugat por 0-15. As de Quique Urdiales pechan a campaña esta fin de semana en Gijón.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
As viguesas caeron novamente derrotadas, esta vez en Coruña, ante o Borbolla. O Travesas HC segue sen sumar ningún punto na OK Liga de hóckey a patíns. As pupilas de Quique Urdiales perderon por 4-0.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Travesas H.C. xogou dous partidos de a OK Liga Feminina de hóckey a patíns esta fin de semana. O sábado facíao co Igualada, encaixando unha goleada de 0-8. Onte, enfrontábase novamente no pavillón de Bouzas, co Sferic Terrassa e volvía caer pero esta vez por 1-6.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Traviesas HC caeu derrotado ante o Girona na súa cancha por 8-1. As rapazas de Quique Urdiales volveron perder na OK Liga Feminina pero, nesta ocasión, polo menos puideron celebrar un gol, o terceiro da tempada.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Traviesas HC sumou esta fin de semana dúas derrotas máis na OK Liga feminina de hóckey a patíns. O sábado as rapazas de Quique Urdiales enfrontábanse ao Bigues I Riells e perderon 0-16. Na mañá de onte, novamente en Bouzas, as viguesas recibiron ao Manlleu e esta vez encaixáronlles 15 tantos por 0 ao seu favor. O Traviesas continúa último na táboa de clasificación con cero puntos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
As rapazas do Travesas HC, para aforrar gastos de desprazamento, xuntou tres partidos en Cataluña a fin de semana. Viaxaron só cinco xogadoras (tres de pista e dúas porteiras) e non puido finalizar ningún encontro polos diferentes problemas físicos que se presentaron. Así os encontros finalizaron por 4-0 ante o Manlleu; 5-0 ante o Bigues i Riells e 1-0 co Igualada.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Travesas HC caeu derrotado na mañá de onte por 6-0 ante o Hostelcur Gijón. Partido correspondente á duodécima xornada da OK Liga feminina disputado no Monte da Mina. As asturianas foron superiores ás de Quique Urdiales que continúan pechando a clasificación.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
As rapazas que adestra Quique Urdiales disputaron esta fin de semana, en terras catalás, tres encontros da OK Liga feminina de hóckey -por motivos económicos, para aforrar desprazamentos-. Encaixaron tres derrotas ante o CP Vilanova, Sferic Terrasa e o San Cugat con resultados de 10-0, 12-0 e 10-0 respectivamente.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A única vitoria do Travesas HC feminino da súa historia na OK Liga Feminina, foi a tempada pasada ante o Borbolla coruñés. Onte, volvíanse enfrontar, no pavillón de Bouzas, e as viguesas perderon por 1-3. As rapazas de Quique Urdiales pelexaron ata o final do encontro mesmo adiantándose no marcador aos 13 minutos de xogo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Traviesas Hóckey Club sufriu unha dobre derrota ante o Voltregá e o Santa María del Pilar, ambos os dous encontros disputados no pavillón de Bouzas. Ante o lider de a OK Liga Feminina, o Voltregá, caeu derrotado por 0-12. Co Santa María del Pilar, equipo da parte baixa da clasificación, perdeu por 1-3.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Derrota do Traviesas HC o sábado en Bouzas ante o Alcorcón Cat's Best, moi superior en todo momento ao equipo vigués. As de Quique Urdiales suman tres derrotas nos tres partidos disputados nesta tempada. O resultado final foi de 0-7.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Comenzou a liga o Traviesas HC con dous encontros en menos de 24 horas. No primeiro partido as rapazas de Quique Urdiales recibian ao Girona HC no pavillón de Bouzas. O resultado final foi unha clara derrota de 0-7 para as viguesas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O club vigués, con Enrique Urdiales como técnico, comezará a liga aprazando o primeiro encontro, en principio programado para a primeira fin de semana de outubro, ante o Borbolla.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

Celsa López, porteira (na imaxe), chega do Vilanova catalán e substitúe a Patricia Echarren, a viguesa que cursa estudos en Madrid e que axudou ao equipo na primeira tempada na elite.
A experiencia de López na OK Liga é importante xa que, sendo natural de Ordes (A Coruña) e habendo militado no equipo da súa localidade e no Raxoi santiagués, pasou ao Alcorcón madrileño, co que disputou a final da Copa da Raíña. Logo incorporouse ao Xirona, ao que desde a 1ª Catalá ascendeu á máxima categoría en 2010.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Novo equipo na elite. O Vigo Stick, club que preside Quique Urdiales, confirmou hoxe mesmo á Federación Española de Patinaxe que disputará a OK Liga Feminina por segunda tempada consecutiva.
- << Inicio
- < Anterior
- 2
- 3
- Seguinte >
- Final >>