Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Mala sorte a que tivo o Toshiba Vigo Stick na súa visita ao Vendrell. Os vigueses con poucos recambios no banco aguantaron o tirón ata que o cansazo causou efecto nos xogadores. A lesión do dianteiro Andre Gomez na primeira parte foi a causante. O angolano sufriu unha microrrotura fibrilar. Finalmente perderon por 5-3.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Toshiba Vigo Stick venceu en Bouzas ao Areces por 5 goles a 3. Co esperado debut dos irmáns angolanos Andre e Miguel Gomes chegou a segunda vitoria da tempada.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Nova derrota do Toshiba Vigo Stick. Esta vez no seu feudo ante o Gráficas ONA San Antonio por un avultado marcador na súa contra, 3-10.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Vigo Stick segue sin atopar a vitoria. Esta vez caeu derrotado ante o Alcobendas por un contundente 8-4. O equipo de Quique Urdiales continúa na última posición da Primeira División de Hóckey a patíns, a 13 puntos do penúltimo clasificado, o Centro Asturiano Oviedo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os vigueses pechan a primeira volta como últimos. O sábado repetiu derrota por 8-1 esta vez na cancha do Voltregá. Mal partido para os homes de Quique Urdiales que descansan da competición liguera esta semana. O Vigo Stick comezará a segunda volta enfrontándose como visitante ante o Alcobendas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Nova derrota do Toshiba Vigo Stick, esta vez na casa, ante o Monjóns por 5-9. Os xogadores de Quique Urdiales realizaron unha boa primeira metade pero non puideron manter o bo xogo na segunda parte.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os vigueses perderon por 8-1 ante o Tordera co que queda a nove puntos dos postos de salvación. A próxima xornada recibirá ao Monjos no Pavillón de Bouzas, rival directo para o ascenso.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Toshiba Vigo Stick caeu derrotado na noite do sábado ante o Sitges por 5-10. Difícil andaina a desta tempada na primeira división para os vigueses que continúan de últimos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Lois vigueses gañaron en Oviedo e conseguen a súa primeira Vitoria da tempada. A falta de quince segundos para o final do partido os homes que dirixe Quique Urdiales meteron o tanto que lles deu a vitoria.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Oitava derrota en nove xornadas, ese é o balance do Toshiba Vigo Stick. No partido disputado ante o Raspeig no pavillón de Bouzas, os vigueses aguantaron o ritmo na primeira metade pero o escaso equipo con que conta Quique Urdiales fai moi difícil plantalle cara aos rivais da Primeira División.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Thosiba Vigo Stick empata o seu primeiro partido da tempada inaugurando así cun punto na tabla de clasificación da primeira división de Hóckey a Patíns. Empate de 5 en Bouzas ante o Oviedo. Igualdade no xogo foi a tónica que marcou todo o encontro.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os vigueses sumaron o sábado a súa quinta derrota en cinco partidos de liga. Contaban só cun home no banco e malia a precaria situación deron a cara e ofreceron boa imaxe en terras catalás. O técnico Quique Urdiales mostrábase satisfeito ao finalizar o partido polo xogo dos seus pupilos durante o encontro.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Toshiba Vigo Stick xogará esta tempada por evitar o descenso. Así o anunciou o seu vicepresidente executivo e adestrador, Enrique Urdiales, en rolda de prensa na Fundación VIDE. O motivo do cambio de metas débese a que “algunhas expectativas de patrocinio non se concretaron”, o que situou ao club con unicamente “o 70% do orzamento cuberto e amoldándose ás datas de cobro do patrocinador e das subvencións institucionais”. A crise económica tamén afectou ao Vigo Stick 2001 e iso supuxo a saída de cinco xogadores, a coñecida días atrás de Pere, Marcelo Uribe e Nicolás Fernández e a inmediata de Josama Alén e Mauri Cairo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os vigueses caeron o sábado ante o Vendrell, líder da clasificación da primeira división de hóckey patíns por un contundente 3-8. Cuarta derrota consecutiva para os homes que dirixe Quique Urdiales.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Toshiba Vigo Stick perdeu este martes ante o Cerceda na repetición, pero ao revés, do Cidade de Vigo de hóckey a patíns. Na segunda final da Copa Galicia, nova este ano por definirse a unha soa volta entre tres equipos, o conxunto que adestra Quique Urdiales caeu por 3-5 (1-0 ao descanso). En pretemporada, os vigueses venceran no XXVI Cidade de Vigo por 5-3 tamén no pavillón de Bouzas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Toshiba Vigo Stick finaliza a terceira xornada da primeira división do hóckey nacional sen sumar un só punto, e terceira derrota ante o Areces co que xa caeu derrotado en dous partidos de pretempada. Os homes que dirije Quique Urdiales fixeron un bo segundo parte e mereceron polo menos o empate, pero a falta de 12 segundos para o remate do encontro encaixaron o tanto que lles deu a derrota.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Aplastante vitoria do Liceo Coinasa ante o Toshiba Vigo Stick en A Coruña no primeiro partido da final a tres da Copa Galicia. Por parte viguesa, o seu adestrador Quique Urdiales, só puido contar con seis dos seus homes, o cal minguou o seu potencial.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Caeron os vigueses en terras navarras ante o San Antonio. Partido que chegou ao descanso cun 3-0. Xa na segunda metade o Vigo Stick loitou ata o final onde no último minuto, o árbitro local non deu por bo un gol a favor dos homes que dirixe Quique Urdiales que supuxese as táboas no marcador.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Derrota viguesa no primeiro partido desta tempada da primeira división de hóckey sobre patíns. Despois dunha primeira parte pobre por parte dos homes que dirije Quique Urdiales, tras o seu paso polos vestiarios reaccionaron pero lles fallou a puntaría e non puideron darlle a volta ao marcador.
- << Inicio
- < Anterior
- 1
- 2
- Seguinte >
- Final >>